Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

En marzo incorporaranse á Policía Local de Tui cinco novos axentes

A baixa de tres dos seis axentes e do inspector xefe afectou directamente ao servizo nas últimas semanas

A baixa de tres dos seis axentes e do inspector xefe afectou directamente ao servizo nas últimas semanas

Etiquetas del contenido

Fecha: 13 de Enero de 2023

Fuente: Concello de Tui

A Policía Local de Tui contará con cinco novos axentes a partir do mes de marzo, co que o número de efectivos pasará a ser de once axentes e un inspector xefe. Nas últimas semanas o servizo viuse afectado debido á baixa laboral de tres dos seis axentes con que conta actualmente o corpo, así coma a baixa do inspector xefe que continúa nestes momentos.

Os cinco novos axentes obtiveron a praza na Oferta de Emprego Público de 2021 e tras a súa formación durante un ano na Academia Galega de Seguridade, incorporaranse ao seu posto de traballo en Tui nas próximas semanas.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explica que dende o goberno local estase a traballar dende 2021 para mellorar as condicións deste corpo “non só co número de policías locais en activo, senón incluso as súas retribucións”. Así sinala a convocatoria na Oferta de Emprego Público das prazas que quedaron vacantes por xubilacións ou traslados, algo que non se levaba a cabo dende hai 20 anos, segundo o rexedor. Un dos motivos que en moitas ocasión motivaba a solicitude de traslado cara outros concellos por parte de axentes da Policía Local era a menor retribución que percibían en Tui. Esta cuestión explicaba Enrique Cabaleiro, mellorouse coa aprobación o ano pasado da nova Relación de Postos de Traballo que supón un incremento anual do complemento específico para os axentes de 4.039,98€ e do complemento de destino en 344,40 €. Mentres no caso do inspector xefe o complemento específico increméntase en 3.393,92€, unha cifra que subirá en 1.159,34€  en cumprimento da sentencia xudicial que recoñece o paso dun nivel 22 ao nivel 24 do inspector xefe.

A carencia de efectivos para facer fronte ao servizo supliuse durante o ano pasado coa realización de horas extras por parte dos axentes, o que conlevou para o concello o pago de preto de 50 mil euros por este concepto.  Afirmaba Enrique Cabaleiro que “non se nos pode reprochar, primeiro esforzo para tratar de cubrir as prazas vacantes e en segundo lugar esforzo para mellorar as condicións retributivas da policía local de Tui”.

A situación do servizo da Policía Local, tal e coma se sinalaba, estabilizarase coa incorporación dos cinco novos axentes que están rematando a súa formación na Academia Galega de Seguridade. Avanzaba tamén Enrique Cabaleiro que a intención do goberno local é seguir convocando na Oferta de Emprego Público as prazas que están vacantes, pero lembraba que estes son “procesos complexos e longos”. 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí