Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Entrevista exclusiva a Mercedes Peón en Infomiño: -Ingrávida é a orixe da miña autoestima cultural-

A artista galega conversa en exclusiva con Infomiño antes do seu concerto no Teatro Municipal de Tui, onde presentará Ingrávida, un proxecto coral que conmemora os seus 25 anos de carreira.

A artista galega conversa en exclusiva con Infomiño antes do seu concerto no Teatro Municipal de Tui, onde presentará Ingrávida, un proxecto coral que conmemora os seus 25 anos de carreira.

Etiquetas del contenido

Fecha: 26 de Septiembre de 2025

Fuente: Jorge Alonso Daldea (Director Infomiño.com)

O Teatro Municipal de Tui abrirá a súa tempada cultural este sábado cun concerto único: Mercedes Peón presenta Ingrávida, un espectáculo que celebra os seus 25 anos de carreira musical e que combina raíz, experimentación e memoria. Con motivo deste evento, a creadora galega concedeu unha entrevista exclusiva a Infomiño, na que comparte a súa visión da música, da colectividade e do papel da cultura na sociedade.

ENTREVISTA EXCLUSIVA A MERCEDES PEÓN

Infomiño: Mercedes, con Ingrávida celebras 25 anos da publicación de Isué. Que sentes ao mirar atrás e ver todo o camiño percorrido desde aquel primeiro disco?

Mercedes Peón: Pois síntome agasallada, respectada, recoñecida. Sinto que o de atrás se pode ver, que se pode traer ao presente e de feito está aqui, nesa ingravidez onde pasado e presente están comigo e seguramente o futuro sabendo que son e quen son, véxome nun nundo compositivo comprometido, vexo os orixes dunha autora de auto-estima cultural, vexo os cernes de onde parto e comparto ata o mais lonxe como pode ser a creación dunha banda sonora.

 

Infomiño: O espectáculo percorre temas dos teus cinco discos en solitario. Como foi o proceso de escoller o repertorio para esta ocasión tan especial?

Mercedes Peón: Aiii que pregunta tan difícil. Por unha banda o comezo é un estado místico, continúa coa precupación pola nosa lingua-cultura, transcurre entre a sororidade e a solidriedade como mundo e o non mundo, pasamos polas propostas arranxísticas peculiares tanto no eido musical de arranxos peculiares como a participación para esta ocasión totalmente novidoso e feito a doc do trio de corda composto por Elena Vázquel Margarida Mariño e Maria Jorge que nos emocionan e poñen a Ingrávida nun lugar novedoso e único.

 

Infomiño: No proxecto rodeácheste de mulleres músicas e creadoras ás que admiras. Que significa para ti este traballo coral e colectivo?

Mercedes Peón: Sen elas non sería tal, son as necesarias, as que precisa tanto o musical como o persoal, os egos diluidos, todes con todes, apoiando a Gisela San Martín nos seus sós, ou a Mónica deNut etc. Nosoutras estamos nun campo de recoñecemento e eu agasallada porque fagan súas as miñas composicións e propostas musicais.

 

Infomiño: Unha das túas marcas de identidade foi sempre a mestura do acústico coa electrónica. En Ingrávida, como dialogan estas dúas linguaxes?

Mercedes Peón: Que marabilla de pregunta, pois dialogan moi ben :-)
Esta peza sonora-escénica é dificil, por iso mesmo, de sonorizar, as dinámicas son radicais, no intimo, no totalmente acústico increpado, as veces e de vez, por unha electrónica disruptiva ou dunha harmonía e beleza extraordinaria, as cordas acompañando temas delirantes, e ao fin o que realmente importa é a emoción, e transitar por lugares de diálogo intensos.

 

Infomiño: Levas décadas facendo recollidas de campo polas aldeas galegas. De que maneira esas voces e sons populares seguen presentes na túa obra actual?

Mercedes Peón: A frase que vos dixen antes é o resumo de todo: Autora de auto-estima cultural. Eu parto de nós, como unha finlandesa de Finlandia, só que o meu coñecemento vén da creación colectiva de micro-habitats.

 

Infomiño: Falas da “persistencia da creación colectiva” como un xeito de mirar o mundo. Podes explicarnos un pouco máis esta idea?

Mercedes Peón: A verdade que me resulta moi complicado explicalo en poucas palabras…… Imaxinade unha aldea, unha aldea que existe antes da acumulación de bens, cando todo era colectivo, cando o monte era mancomunado e coidábase del, e o monte era respectado porque se sabía fundamental para a vida, as crianzas eran de todes e todes coidaban delas, esa aldea persitistía pola creatividade radical de cada compoñente dela, e así a vida afrontábanse e avánzase en colectivo. Esta aldea ainda non estaba atravesada polo capitalismo nin polo binarismo de xénero. Temos estes exemplos perto de nós, nos trazos dialectais, no xeito de crear conceptos, nos xeitos peculiares de cantar e tocar ainda vivos, na sororidade das tocadoras, no complementario das persoas que se saben necesarias para o conxunto etc. A persistencias desas formas no presente fálannos doutros imaxinarios fora do centro que non vén dado de arriba a baixo, un non-mundo latexando diante de nós e a piques de desaparecer.

 

Infomiño: Ti es unha artista que sempre rompeu moldes dentro da música galega. Pensas que o público de hoxe está máis aberto a esas propostas híbridas e vangardistas?

Mercedes Peón: Penso que o que mudou é a existencia das RRSS. Tamén non hai espazos para ter experiencias co corpo eentender que todas somos suxeitos que poden crear cultura e por tanto, coa experiencia de telo feito, podemos ser máis críticas e estar máis abertos a emocionarnos dende linguaxes diversas.
Na actualidade, no mundo mediático, dame por intuir que se pode caer doadamente en usos dende lugares predecibles ,e que iso mesmo, o predecible, da unha enorme difusión cousa que me paréceme fantástica, e en certa medida, tamén iso, podémolo considerar vangarda.

 

 

Infomiño: Para rematar: que outros proxectos ou colaboracións tes en mente logo de Ingrávida?

Mercedes Peón: Teño catro pezas escénicas xirando, Ingrávida, Deixaas, Mercedes mais eu e Osmose.
Agora mesmo teño dúas propostas de bandas sonoras, que comezarei a traballar nunha delas en Novembro cando volte da xira por Europa.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí