Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Entrevista: La Nueva Gestión de la CMVMC de A Guarda se Enfrenta a Deudas ¿Cómo Planean Recuperarse?

En la entrevista se detallan los pasos clave para restablecer la estabilidad económica y asegurar un futuro más próspero para la entidad.

En la entrevista se detallan los pasos clave para restablecer la estabilidad económica y asegurar un futuro más próspero para la entidad.

Etiquetas del contenido

Fecha: 11 de Octubre de 2024

Fuente: Redacción

La Comunidad de Montes de A Guarda atraviesa una delicada situación financiera con más de 100.000 euros en deudas acumuladas bajo la anterior gestión. La nueva Junta Rectora ha implementado medidas urgentes para negociar con la Agencia Tributaria, proveedores y otras entidades afectadas. A través de una mayor transparencia y colaboración de la comunidad, buscan recuperar la solvencia antes de 2025. En la entrevista se detallan los pasos clave para restablecer la estabilidad económica y asegurar un futuro más próspero para la entidad.

1.¿Cuáles son las principales causas que llevaron a la acumulación de más de 100.000 euros en deudas bajo la gestión anterior?

 

En primeiro lugar, cómpre subliñar que a Comunidade de Montes de A Guarda é unha entidade con solvencia suficiente, grazas aos ingresos anuais derivados do Padroado Municipal do Monte Trega e aos acordos de cesión, que aseguran uns ingresos fixos anuais superiores aos 20.000 euros, garantindo así o seu correcto funcionamento. A situación actual débese, principalmente, ao abandono e desleixo da anterior xestión, que incumpriu diversas obrigas fiscais coa Axencia Tributaria. Isto provocou o bloqueo das contas da Comunidade e, como consecuencia, o impago a varios provedores. Así, aproximadamente, o 40% das perdas económicas corresponde a débedas contraídas con provedores de bens e servizos, mentres que o 60% responde a ingresos non realizados, derivados desa mala xestión.

 2.¿Qué medidas inmediatas ha tomado la nueva Junta Rectora para abordar esta situación financiera crítica?

 

A nova Xunta Reitora puxo en marcha unha serie de accións urxentes para paliar a delicada situación económica. Mantivéronse reunións coa Axencia Tributaria para negociar o pago da débeda, conseguindo aprazar parte da mesma. Ademais, pechouse un acordo coa dirección do "Restaurante Mar y Cielo", que mostrou a súa plena disposición para colaborar na superación do bloqueo financeiro. Tamén se contactou coas empresas provedoras ás que se lles adebedan bens e servizos, co obxectivo de aclarar a situación financeira e de deixar clara a firme vontade da nova xestión de facer fronte aos pagos pendentes no menor tempo posible. Paralelamente, estáse a realizar unha auditoría interna que, unha vez finalizada, dará paso a unha auditoría pericial máis exhaustiva.

 3.¿Cómo planean comunicar y negociar los planes de pago con las personas y empresas afectadas por las deudas?

 

En primeiro lugar, resulta fundamental proceder ao desbloqueo das contas que, a día de hoxe, permanecen bloqueadas. Para acadar este obxectivo, é imprescindible liquidar a débeda pendente coa Facenda, que supera os 15.000€. Unha vez cumprido este requisito, regularizaranse os ingresos pendentes á Comunidade de Montes, o que permitirá recuperar a solvencia necesaria para facer fronte aos pagos. A partir dese momento, establecerase unha orde de priorización para o pagamento das débedas acumuladas, seguindo un criterio de antigüidade, xa que a Comunidade de Montes mantén facturas pendentes, polo menos, desde o ano 2021. En todo caso, garantirase que os pagos se realicen sempre que as débedas estean debidamente documentadas e acreditadas. Este enfoque permitirá establecer un proceso transparente e organizado para satisfacer as obrigas financeiras e restaurar a confianza entre as partes afectadas.

 4.¿Cuáles son los plazos que se están considerando para la recuperación económica de la CMVMC de A Guarda?

 

A curto prazo, antes de rematar o 2024, prevese o desbloqueo das contas. Durante o 2025, o obxectivo é liquidar a débeda con Facenda, o que permitirá abordar de maneira ordenada o pago das débedas cos diferentes provedores. Este proceso dependerá, en boa medida, de que se regularicen os pagos pendentes á comunidade e de que se facilite o acceso aos fondos do Padroado, fundamentais para unha comunidade de montes como a nosa cunha superficie forestal de explotación moi limitada.

 5.¿Qué tipo de apoyo o colaboración están buscando de la comunidad para superar esta crisis?

 

Estamos a contar co apoio incondicional de varias empresas locais que, malia ser coñecedoras da falta de solvencia desta Comunidade de Montes, seguen ofrecendo os seus servizos para evitar o bloqueo total das nosas actividades. Ademais, chegáronse a acordos coa xerencia do restaurante do “Restaurante Mar y Cielo” quen amosou a súa total dispoñibilidade para superar o bloqueo económico. Existen, ademais, pagamentos pendentes de entidades que, dende hai anos, non ingresaron os importes á Comunidade de Montes e que estamos a traballar para recuperar. Contamos e agradecemos tamén a comprensión e apoio das empresas ás que aínda se lles debe o pago de facturas, empresas que conscientes da delicada situación económica, mostraron unha actitude de gran solidariedade. Finalmente, queremos destacar a colaboración de particulares que nos cederon un local, no que poderemos atender as comuneiras e veciñas de A Guarda, axudándonos a manter un punto de contacto esencial coa veciñanza.

 6.¿Qué aprendizajes han obtenido de la gestión anterior y cómo están implementando cambios para evitar que se repitan estos problemas?

 

Unha parte importante dos problemas que vimos arrastrando xorde da falta de transparencia que caracterizou á anterior xestión. Por iso, esta nova Xunta Reitora comprométese a garantir a máxima transparencia, non só coas persoas comuneiras, senón tamén coa cidadanía en xeral. A nosa prioridade é que cada veciño e veciña de A Guarda teña acceso á información e poida participar activamente na xestión dos nosos montes. Durante moitos anos, a anterior xestión negou a parte da veciñanza o dereito a ser comuneiros e comuneiras, excluíndo arbitrariamente a algunhas persoas da participación que lles correspondía por dereito. Nós traballamos nunha dirección completamente diferente. A nova xestión fai un chamamento aberto á participación inclusiva, para que todas aquelas persoas interesadas no futuro dos nosos montes se impliquen na súa xestión, garantindo así unha administración máis xusta, participativa e representativa.

 7.¿Cómo piensan garantizar la transparencia en la gestión de las finanzas a partir de ahora?

 

Nos termos que esixe a lei, convocando en tempo e forma as asembleas ordinarias e extraordinarias para rendir contas ante as persoas comuneiras e mediante reunións informativas abertas a toda a veciñanza. É importante sinalar que a anterior xestión non respectou, durante anos, as obrigas de comunicación sobre ingresos e reinversións nos montes veciñais. A nosa prioridade e obriga tamén será reverter esta situación e asegurar unha xestión financeira transparente e responsable.

 8.¿Qué impacto creen que tendrá esta situación en los proyectos futuros de la CMVMC de A Guarda?

 

A Comunidade de Montes enfróntase a importantes dificultades non só para poñer en marcha novos proxectos, senón tamén para cumprir coas obrigas legais necesarias para a conservación dos terreos segundo a lexislación vixente. A situación actual imposibilita a contratación de persoal e a adxudicación de traballos de desbroce, polo que todo o traballo que se está a realizar se debe á implicación voluntaria de persoas comprometidas. Estas persoas, ademais de esforzarse por solucionar a situación económica, dedican o seu tempo libre ao mantemento e á apertura de sendeiros, entre outras actividades que contribúen á conservación e promoción do patrimonio natural da zona.

 9.¿Cuáles son los próximos pasos que planean tomar para restablecer la solvencia económica de la entidad?

           

Os próximos pasos que se planean dar para restablecer a solvencia económica da entidade consisten na formalización de acordos e na planificación dos pagamentos pendentes, que representan o 60 % das perdas económicas acumuladas nos últimos catro anos. É fundamental que se regularicen os pagamentos que se deben á Comunidade de Montes e que se facilite o acceso aos fondos do Padroado. Sen estas medidas, a Comunidade de Montes de A Guarda terá serias dificultades para afrontar as súas débedas. Por iso, solicitamos a colaboración do Concello de A Guarda para que, a través do Padroado e dos acordos de alugueiro de terreos, poidamos cubrir, polo menos, unha parte das débedas existentes. Ademais, propoñemos, previo paso pola asemblea de comuneiros, a corta de madeira. No entanto, é importante salientar que a superficie destinada á explotación forestal da comunidade é moi limitada e que as parcelas adicadas a esta actividade aínda non completaron o ciclo de crecemento.

 10.¿Qué mensaje les gustaría transmitir a las personas y empresas que están preocupadas por su situación debido a las deudas acumuladas?

 

En primeiro lugar, a nova Xunta Reitora, en nome da Comunidade de Montes de A Guarda e do conxunto das persoas comuneiras, lamenta profundamente os prexuízos causados ás persoas e empresas afectadas polas débedas acumuladas pola anterior xestión, e garante que o seu pago será unha prioridade para o novo equipo xestor. Porén, é importante aclarar que a nova dirección non se fará responsable das actuacións irregulares da anterior Xunta Reitora e só se abordarán aquelas débedas que foran acumuladas dentro da legalidade vixente e debidamente documentadas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí