Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Escolares do CEIP Plurilingüe n1 de Tui participan no proxecto -O Camiño e os espazos naturais para nenos e nenas-

O titular de Cultura e Turismo participou na clausura do proxecto ?O Camiño e os espazos naturais para nenos e nenas? onde subliñou a importancia de divulgar os valores e o patrimonio xacobeo entre os máis pequenos

O titular de Cultura e Turismo participou na clausura do proxecto ?O Camiño e os espazos naturais para nenos e nenas? onde subliñou a importancia de divulgar os valores e o patrimonio xacobeo entre os máis pequenos

Fecha: 16 de Noviembre de 2019

Fuente: Xunta de Galicia

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, participou hoxe en Pontevedra na clausura de O Camiño e os espazos naturais para nenos e nenas, un proxecto impulsado pola Asociación de Amigos do Camiño Portugués a Santiago ao abeiro de O teu Xacobeo. Trátase dunha iniciativa educativa, de ámbito social, destinada aos nenos de Primaria cuxa finalidade é fomentar o coñecemento do patrimonio natural, cultural e humano do Camiño de Santiago entre os máis pequenos.

Durante o acto celebrado no Pazo da Cultura, o titular de Cultura e Turismo destacou o éxito de O teu Xacobeo, o programa posto en marcha polo Goberno galego co obxectivo de fomentar a participación da cidadanía na celebración do vindeiro Ano Santo, e subliñou o revulsivo que supón para a provincia de Pontevedra, onde se desenvolven máis de 80 proxectos grazas a un investimento de 1,2 millóns de euros. Ademais, a nivel autonómico e desde que se puxo en marcha este proxecto, a Xunta promoveu xa máis de 130 proxectos.

Román Rodríguez explicou que tanto a cidade de Pontevedra como o Camiño Portugués teñen "un papel cada vez máis relevante no panorama xacobeo" o que se traduce nun importante incremento no número de persoas que decide percorrer este itinerario. De feito, no que vai de ano o Camiño Portugués e o Camiño Portugués da Costa sumaron máis de 90.000 peregrinos, unha cifra que se duplicou no último lustro.

Futuras xeracións
O proxecto clausurado hoxe, que contou cunha achega por parte da Xunta a través de O teu Xacobeo de preto de 14.000 euros, permitiu que centos de escolares da provincia de Pontevedra tiveran un maior coñecemento e contacto co Camiño de Santiago facendo que os nenos sexan aínda máis conscientes da importancia de conservar o legado xacobeo. Nesta liña, Román Rodríguez subliñou que é unha iniciativa de especial importancia porque "nos axuda a levar o Camiño cara ó futuro, xa que a implicación das futuras xeracións é o único xeito de garantir que a Ruta Xacobea sega a ser unha gran riqueza para Galicia".

Participaron neste proxecto o CEIP Plurilingüe nº 1 de Tui, o CEIP Mestre Martínez Alonso de Mos, o colexio público integrado de O Toural, en Vilaboa; o CEIP Amor Ruibal de Barro, o colexio público integrado de Pontecesures e o CEIP Plurilingüe O Pumar, de Rois.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones