Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - 182 ciclistas déronse cita na -Baixo Miño Enduro Experience-

Nesta I edición da Baixo Miño Enduro Experiencie os gañadores absolutos da proba foron, na categoría masculina Santos Lemos Ramírez, na categoría feminina Desiree Duarte Castro

Nesta I edición da Baixo Miño Enduro Experiencie os gañadores absolutos da proba foron, na categoría masculina Santos Lemos Ramírez, na categoría feminina Desiree Duarte Castro

Fecha: 09 de Abril de 2019

Fuente: Jorge Alonso Daldea / Infomiño

Os montes da Guarda e do Rosal acolleron o pasado domingo día 7 de abril a primeira proba de Enduro da zona, a "Baixo Miño Enduro Experience", unha proba deportiva na que se combina a habilidade técnica do DH(Descenso) e a resistencia física do XC(Rally).

Durante o percorrido desta proba os participantes tiveron que superar desniveis considerables (ata 1200m de desnivel acumulado), alternando tramos de enlace con tramos cronometrados entre as localidades da Guarda e do Rosal, cun percorrido total duns 28km.

A "Baixo Miño Enduro Experience" é unha proba puntuable no Open de Galicia de Enduro coa particularidade de ter 5 tramos cronometrados cun percorrido que se realizou nun entorno idílico para a práctica da disciplina de Enduro, cunhas paisaxes espectaculares co río Miño, a Costa e o Porto da Guarda, os Castros de Santa Trega, o Rosal e os seus viñedos e a desembocadura do Miño.

Os participantes sairon ás 8:30h dende a Alameda da Guarda para dirixirse ata o Monte Terroso, onde realizaron os primeiros catro tramos cronometrados, seguido de preto por moitas persoas que non se quixeron perder este evento deportivo.

Dende o Monte Torroso os ciclistas desprazaronse ata o Monte Santa Trega, onde realizaron o tramo cronometrado final, rematando este na rúa de Circunvalación ao Monte Santa Trega e dirixíndose despois á Alameda da Guarda, onde tivo lugar a entrega de premios.

Nesta I edición da Baixo Miño Enduro Experiencie os gañadores absolutos da proba foron, na categoría masculina Santos Lemos Ramírez, na categoría feminina Desiree Duarte Castro e na categoría de e-bikes Javier Vara Blanco. Destaca o terceiro posto do ciclista local Jonathan Sousa Araujo na categoría Élite, que o coloca líder na Copa de Galicia de Enduro.

Dende o Concello da Guarda se quere agradecer o traballo realizado pola organización do evento a través do Clube Ciclista Insitu, aos voluntarios, GES da Guarda, patrocinadores, empresas e a todas as persoas e institucións que fixeron posible que unha proba deste calibre se celebrase na vila da Guarda.

GALERÍA DE FOTOS

Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

Nesta I edición da Baixo Miño Enduro Experiencie os gañadores absolutos da proba foron, na categoría masculina Santos Lemos Ramírez, na categoría feminina Desiree Duarte Castro  

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones