Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - A Agrupación Deportiva Baixo Miño presentou a proba de Campo a través no Concello da Guarda

Polo momento hai 300 participantes inscritos, pero dende a organización esperan que a cifra final ronde os 400 ou 500 corredores.

Polo momento hai 300 participantes inscritos, pero dende a organización esperan que a cifra final ronde os 400 ou 500 corredores.

Fecha: 26 de Noviembre de 2016

Fuente: Infomiño.com

O Salón de Plenos do Concello da Guarda acolleu este martes 22 de novembro, ás 10:30 horas, a presentación da carreira "Campo a través de A Guarda". Esta carreira está organizada pola Agrupación Deportiva Baixo Miño en colaboración co concello da Guarda e se celebrará o sábado 26 de novembro ás 10:30 horas no recinto do Cámping Santa Tecla, en Salcidos (A Guarda).

Á presentación ante os medios de comunicación desta proba, dirixida a alumnos/as de colexios e clubs deportivos da comarca, acudiron o alcalde da Guarda, Antonio Lomba; o presidente da Agrupación Deportiva Baixo Miño, Alfonso Lorenzo; o xefe de Servizo da Secretaría de Deporte en Pontevedra, Daniel Benavides e o Xerente do Cámping Santa Tecla, José Coello.

O alcalde, ademais de agradecer aos organizadores e colaboradores da proba alí presentes, quixo destacar que "un ano máis A Guarda é sede dun campionato de atletismo". Coa colaboración nestes eventos A Guarda quere deixa patente que unha das principais preocupacións do concello é apoiar ó deporte base e promocionar que todo o mundo, dende os máis cativos ata á xente maior, teña acceso ó deporte. Tamén aproveitou o acto para felicitar a Lete Lasa, designado novo presidente do Consejo Superior de Deportes.

Tras as palabras do alcalde, Alfonso Lorenzo informou das principais características da proba e da labor da Agrupación, que trata de promover estas iniciativas nos concellos de Salceda, Tui, Tomiño, O Rosal e A Guarda. Nesta proba participan nenos e nenas destes lugares, que percorrerán diferentes distancias segundo as categorías por idades. As distancias van dende os 600 ata os 2.300 metros e se realizarán en circuítos trazados dentro do Cámping, do que quixo destacar o bo estado do terreo e as estupendas instalacións.

Pola súa banda Benavides felicitou á Agrupación Deportiva Baixo Miño pola súa tarefa como docentes e por terse convertido nun referente para as demais agrupacións xa non só na provincia, senón en toda Galicia, polo seu saber facer.

Polo momento hai 300 participantes inscritos, pero dende a organización esperan que a cifra final ronde os 400 ou 500 corredores. Todos aqueles que desexen inscribirse poden facelo ata o xoves 24 na web http://www.agrudebam.es/ . Dende o Concello anímase a todos os rapaces e rapazas da vila a participar dunha xornada de deporte e máis tendo en conta as previsións de que a meteoroloxía acompañe e se poda desfrutar dun soleado día.

 

www.infomiño.com

Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea  
  Fecha: Jorge Alonso Daldea

 

 
www.infomiño.com © 2016. Todos los derechos reservados. Cámara:

Canon IXUS 180

 

Haz clic en la imagen para ver la galería de fotos

Polo momento hai 300 participantes inscritos, pero dende a organización esperan que a cifra final ronde os 400 ou 500 corredores.  


 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones