Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - A Guarda conta xa cun Centro de Interpretación no Castelo de Santa Cruz

Co novo Centro de Interpretación complétanse os traballos de recuperación e posta en valor do Castelo de Santa Cruz.

Co novo Centro de Interpretación complétanse os traballos de recuperación e posta en valor do Castelo de Santa Cruz.

Etiquetas del contenido

Fecha: 09 de Julio de 2016

Fuente: Infomiño.com

O venres 8 de xullo tiña lugar no Castelo de Santa Cruz  a inauguración e apertura ó público do seu Centro de Interpretación.
Tras anos de obras e a rehabilitación do conxunto, este proxecto, froito da ilusión e de duro traballo ve a luz finalmente para dar conta da historia deste emblemático espazo, moi descoñecido por moitos ata a súa reapertura en Xaneiro de 2014.
 
O Concello da Guarda dispón agora dun amplo espazo verde e de lecer en pleno centro da vila, que pretende ademais converterse nun importante reclamo turístico para a zona dende onde os visitantes poden coñecer a historia das fortalezas transfronteirizas. O Castelo de Santa Cruz construíuse en 1664 para defender A Guarda dos portugueses, que querían independizarse de España. Forma parte dunha serie de fortalezas que durante a Guerra da Restauración se construíron ao longo de todo o tramo final do río Miño para defender as fronteiras do Baixo Miño.

O complexo do Castelo de Santa Cruz está declarado como Ben de Interese Cultural de Galicia, na súa categoría de monumento. Polo tanto, trátase dun ben que, polo seu recoñecido valor propio, é considerado como de interese relevante para a permanencia e a identidade da cultura galega a través do tempo.

A este importante acto acudiron numerosas autoridades como o alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz; a concelleira de Turismo, Montse Magallanes; o concelleiro de Patrimonio, Javier Crespo; a concelleira de Servizo Sociais Mª Teresa Vicente; o Xefe Territorial da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, César Pérez Ares e o deputado provincial de Cooperación pola Deputación de Pontevedra, David Regades.

Durante a inauguración deste Centro de Interpretación houbo numerosos momentos para o agradecemento. Na súa intervención o alcalde da Guarda quixo destacar a labor dos anteriores rexidores e do concelleiro de Patrimonio, Javier Crespo, cuxo incansable traballo na busca de apoios fixo posible que chegara este día. Ademais, quixo recoñecer a labor da arqueóloga Rebeca Blanco, encargada da musealización do Centro e experta en fortificacións que traballou con pasión neste proxecto sentíndollo como propio.

Tampouco se quixo perder este acto Felipe Criado Boado, presidente da Asociación Europea de Arqueólogos e director do Incipit (Instituto de Ciencias do Patrimonio), que formaba parte do equipo de traballo de Rebeca. Felipe agradeceu a labor do actual e do anterior alcalde da Guarda e da propia arquitecta, nunha colaboración que permitiu conxugar ciencia e política, única maneira, afirmou, de dar valor ó realmente importante: os contidos.

Pola súa parte Rebeca Blanco mostrouse emocionada de ver o froito do traballo de moitos anos, que no seu momento presentou tamén en forma de tese doctoral. Tamén explicou un pouco o seu traballo e o funcionamento do Centro, que acolle unha exposición na primeira planta. Esta conta con tres bloques temáticos: o primeiro contextualiza o espazo xeográfico e a construción da fortificación na Guerra da Restauraçao Portuguesa (s. XVII). O segundo bloque está centrado na Guarda, no nacemento e evolución da vila e nos sistemas defensivos que nela se desenvolveron. E por último, un terceiro bloque sobre a fortificación na fronteira entre Portugal e Galicia e as diversas fortificacións existentes. Tratouse de dar forma a unha mostra didáctica e amena, centrada na forza das súas imaxes. Por outra parte, a planta baixa estará adicada a distintos talleres e actividades.

Deste xeito queda inaugurada a terceira pata da Rede de Museos da Guarda xunto ó MASAT, ubicado no Monte Santa Trega e o Museo do Mar. Os tres emprazamentos compleméntanse para ofrecer non só unha ollada ao numeroso patrimonio da Guarda, senón que compoñen un completo percorrido pola historia da vila, dende a Idade do Ferro ata os nosos días.

O concello non pode máis que reiterar os agradecementos expresados na inauguración e convidar a todo o mundo a visitar este Centro de Interpretación, que estará aberto as fins de semanas e os festivos; e o Castelo de Santa Cruz, aberto todos os días o público, un ben do patrimonio da Guarda que paga a pena coñecer.

Co novo Centro de Interpretación complétanse os traballos de recuperación e posta en valor do Castelo de Santa Cruz. Trátase dun recinto fortificado do século XVII que durante máis de 150 anos estivo en mans privadas e practicamente abandonado e que dende fai uns anos se ten recuperado e acondicionado grazas á cooperación e traballo en común entre as distintas Administracións.

 

www.infomiño.com

Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea  
  Fecha: 8 de xullo de 2016

 

 
www.infomiño.com © 2016. Todos los derechos reservados. Cámara:

Canon EOS 350d / Xiaomi Yi

 

Haz clic en la imagen para ver la galería de fotos

Co novo Centro de Interpretación complétanse os traballos de recuperación e posta en valor do Castelo de Santa Cruz.  

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones