Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - A Guarda estrea a nova páxina web de turismo www.turismoaguarda.es

Esta nova web converterase nunha ferramenta esencial para promocionar a vila e que suporá unha gran mellora para os sectores implicados no turismo

Esta nova web converterase nunha ferramenta esencial para promocionar a vila e que suporá unha gran mellora para os sectores implicados no turismo

Fecha: 21 de Julio de 2016

Fuente: Infomiño.com

 

 

O pasado mércores día 20 de xullo tivo lugar a presentación da nova web de turismo da Guarda, no recentemente inaugurado Centro de Interpretación das Fortalezas situado no interior do Castelo de Santa Cruz.


O acto comezou coas palabras de Montserrat Magallanes, Concelleira de turismo, quen fixo fincapé na importancia da contar cunha web específica de turismo xa que a existente atopábase desfasada. "Por fin, o nosa localidade conta cunha páxina que se abre ó mundo e que mostra a noso pobo". A Concelleira incidiu na implicación do equipo de traballo para que esta páxina web fose unha realidade." como restaurantes e empresas de aloxamento." Finalizou indicando que "a data de hoxe é moi importante xa que supón un paso importante de cara a difusión da localidade no exterior e que agora queda o traballo de difundila e dala a coñecer."


A continuación, Antonio Lomba, Alcalde da Guarda, comezou a súa quenda con "este momento o defino como a botadura dun barco, é dicir, hoxe presentamos a páxina web conscientes que aínda hai melloras a realizar, estamos na fase de proba". "Hoxe presentamos a páxina web na que continuaremos traballando, facendo melloras e ampliando contidos". Na súa intervención realizou unha descrición das características e apartados da nova web que se podería definir como unha páxina con moita información pero que é moi visual grazas a gran cantidade de fotografías. Máis de 160 fotos, das cales 60 son panorámicas e moitas son inéditas. Algúns dos colaboradores gráficos que cederon fotos son Emilio Baz, Marius Kraja, Luis Rodríguez, Carlos Troncoso entre outros.


O alcalde foi o coordinador e agradeceu publicamente a implicación do equipo de traballo polo compromiso e dedicación no proxecto. Este equipo está composto por Rosalía Verde, técnico de turismo; José David Flores, técnico de informática; Javier Crespo, Concelleiro de Patrimonio, e Luis Eduardo Castro, da empresa local EcDesing.


Como peche do acto presentouse en primicia o novo vídeo turístico da Guarda de 3 minutos de duración. No vídeo pódense observar en plenitude as espectaculares panorámicas do paisaxe e patrimonio do noso Concello e que amosan os cambios que se foron producindo nos últimos anos. A páxina web de turismo conta cun fragmento deste vídeo de 30 segundos na páxina de inicio.


Os convidados á acto manifestaron o seu agrado e satisfacción por contar con esta nova ferramenta, persoas que traballan en sectores vinculados co turismo.


www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea  
 
Fecha: 20 de xullo de 2016

 

 
www.infomiño.com © 2016. Todos los derechos reservados. Cámara:

Canon EOS 350d

 

Haz clic en la imagen para ver la galería de fotos

 Esta nova web converterase nunha ferramenta esencial para promocionar a vila e que suporá unha gran mellora para os sectores implicados no turismo

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones