Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Máis de 2800 persoas pasaron en xuño pola Oficina Municipal de Turismo de Tui

Deste total, 1.697 eran turistas e 1.176 peregrinos. Ademais, en xuño saíron de Tui 3.571 peregrinos e peregrinas cara Santiago

Deste total, 1.697 eran turistas e 1.176 peregrinos. Ademais, en xuño saíron de Tui 3.571 peregrinos e peregrinas cara Santiago

Etiquetas del contenido

Fecha: 12 de Julio de 2022

Fuente: Concello de Tui

Máis de 2.800 persoas solicitaron información durante o mes de xuño na Oficina Municipal de Turismo, situada no Paseo da Corredoira.  Das 2.873 persoas que se achegaron até este punto de información 1.176 eran peregrinos e 1.697 turistas.

O turismo rexistrado na cidade durante o mes de xuño foi maioritariamente nacional, xa que dos 1.697 turistas que pasaron pola oficina tudense 1.503 eran do país e 194 estranxeiros. Os turistas que máis se achegaron ata Tui eran de Madrid, cun total de 281, seguidos dos de Barcelona, con 281, e Pontevedra con 94. Estas tres cidades foron os principais puntos de orixe dos turistas que visitaron Tui. Mentres tanto, Arxentina con 24, Portugal e Alemaña con 21 persoas, Reino Unido con 19 e EEUU con 18 foron os países de procedencia maioritarios do turismo internacional.

Os peregrinos e peregrinas tamén simbolizaron unha cifra relevante en canto ao turistas que visitaron a Oficina Municipal de Turismo, sendo un total de 1.176, dos cales 728 eran nacionais e 448 internacionais.

No referente aos peregrinos nacionais, Madrid encabeza a lista en canto aos lugares de procedencia dos mesmos cun total de 103 personas, seguida por Valencia con 84, Sevilla con 81, e León con 72, sendo estes os principais puntos de orixe dos peregrinos do país. En canto aos internacionais, Alemaña con 91 persoas, Portugal con 71, EEUU con 42 e Italia con 39 foron os principais países de orixe.

Por outra parte, segundo os datos da Oficina do Peregrinos, no mes de xuño 11.820 realizaron o Camiño Portugués. Deste total 3.571 saíron de Tui, que se mantén coma cuarto punto de saída de peregrinos cara a Santiago tras Sarria, S. Jean P Port e Porto. A cidade de Valença atópase no sexto lugar con 1.656 peregrinos e peregrinas que iniciaron alí o camiño. 

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, valora positivamente estes datos do mes de xuño, que consolidan a boa evolución que o turismo está a rexistrar na cidade. Destacando as boas perspectivas que hai tanto para o mes de xullo para o de agosto.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí