Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Especial - A Guarda recoñece os méritos dos seus deportistas na XIII Gala do Deporte

O Centro Cultural da Guarda acolleu o pasado venres día 14 de febreiro de 2020 a XIII edición da Gala do Deporte, un evento que estivo presentado polo xornalista Terio Carrera.

O Centro Cultural da Guarda acolleu o pasado venres día 14 de febreiro de 2020 a XIII edición da Gala do Deporte, un evento que estivo presentado polo xornalista Terio Carrera.

Fecha: 15 de Febrero de 2020

Fuente: Concello da Guarda

O Centro Cultural da Guarda acolleu o pasado venres día 14 de febreiro de 2020 a XIII edición da Gala do Deporte, un evento que estivo presentado polo xornalista Terio Carrera.
Neste evento recoñecéronse os diferentes logros e méritos deportivos acadados durante o pasado ano polos deportistas, os clubs e as entidades deportivas da Guarda, poñendo así en valor o traballo, esforzo e compromiso das numerosas persoas que forman parte do ámbito deportivo local.
A XII Gala do Deporte arrancou co Clube Flic flac de Vigo, que realizou unha exhibición de ximnasia acrobática.
O acto contou coa asistencia do Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a Concelleira de Deportes, Montserrat Magallanes; o Deputado provincial de Deportes, Gorka Gómez; o Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa; así coma unha representación da corporación municipal, colectivos, asociacións e veciños da vila.
O adestrador do Mecalia Atl. Guardés, J. Ignacio Prades, fixo de padriño desta multitudinaria XIII Gala do Deporte da Guarda, na que se proxectou un vídeo-resumo do deporte na vila, destacando as principais modalidades deportivas.

Terio Carrera anunciou as primeiras distincións da noite para a modalidade de Natación con diplomas para Rosalía Soler Lomba, Campioa galega en 50m libres junior e campioa galega en 50m e 100m de costas e 50m bolboreta absoluta e a Iago Soler Lomba, Campión galego en 100m de costas, 100m libres, 4x100m estilos e 4x100m libres alevín.

En Deporte Adaptado entregáronse diplomas ao equipo de natación 4x50 de San Xerome, formado por Celia López Camacho, Maite Barros, María F. García e Nuria Pereira, Campioas galegas 4x50 Com +15F e ao Equipo de baloncesto feminino San Xerome, campioas da Liga FGDA.

Na modalidade de Judo foron recoñecidos os deportistas Tecla María Cadilla Acevedo, Campioa galega absoluta -63kg; Verónica Pérez Pacheco, Campioa galega cadete e júnior -52kg e 3ª Súper Copa de España Júnior; Iago Álvarez Lomba, Campión galego cadete -73kg e ao Equipo Feminino do Judo Baixo Miño, Campioas da Liga Galega de Clubs.

Na mellor iniciativa deportiva recoñeceuse o labor realizado na Baixo Miño Enduro Experience.

En Atletismo Escolar os diplomas recaeron en Álex Sierpes Pereira, Campión Galego sub 12 en marcha en ruta, campo a través, 1000m pista cuberta, 2000m, 1km ruta e no Campionato de Galicia Menores e Marcela Morgado Rodríguez, 2ª nos Campionatos Galegos sub 16 en 1000m e 1km ruta e 3ª no Campionato Galego de campo a través.

Na modalidade de Atletismo na categoría de adultos recoñeceuse con diplomas aos deportistas Milu Rodríguez Baz, Campioa galega 3000m marcha W-40 e 5000 marcha en pista W-40; a Eduardo García Fernández, Sub-campión galego M-40 en 800m; a Sergio Rodríguez Teixeira, Campión galego absoluto en 400m pista cuberta e a Antolín Martínez Martínez, 3º no Campionato galego de Trail Longo.

Neste intre da Gala se quixo recoñecer ás persoas que co seu bo facer traballan en favorecer e axudar na práctica deportiva, cos premios Dedicación ao Deporte, que recaeron en Daniela Savic, Mariano Hernán Carbone, Beatriz Estévez Álvarez e Fabio Lima Correa, todos eles pola súa labor no balonmán base.

En Triathlon se lle fixo entrega dun diploma a Roberto Martínez Trigo, 9º no Campionato do Mundo de triatlón de longa distancia 35-39.

Na modalidade de Atletismo e mushing, José Carlos Ferreira González foi galardoado polo seu palmarés coma Campión galego M-45 en 3000m pista cuberta, 5km ruta e 10km ruta e 3º no Campionato de España veterán de Canicross.
O clube Unión Deportiva Guardesa F.F. recibía tamén o seu diploma despois de acadar o título de Campioas da Liga Feminina F-7.

Na categoría de Hockey se quixo recoñecer a varios integrantes do conxunto local A Guarda Hockey Liña coma Sheila Silva Besada, Tomás Gutiérrez Majó e Alejandra Lorenzo Martín, participantes coa Selección Galega de Hóckey no Torneo de Tecnificación de Seleccións e a Miguel Fernández Lomba, polos 10 anos da fundación de A Guarda Hóckey Liña e membro do corpo técnico da Selección Galega de Hóckey.

En remo entregáronse diplomas a Óscar Alonso Alonso, Campión de España absoluto de remoergómetro e a Nieves Silva Martínez, Campioa galega infantil de remoergómetro.

A atleta guardesa Elsa Pena Vicente recibía tamén o seu diploma despois de proclamarse Campioa galega sub 18 de 3000m lisos e subcampioa de Europa júnior de Triathlon Indoor.

Para pechar esta XIII edición da Gala do Deporte na Guarda o alcalde da Vila, Antonio Lomba destacou que "Os veciños e veciñas da Guarda, sentímonos orgullosos dos nosos deportistas e dos nosos clubs, de vós; da nosa gran familia do deporte que tantas alegrías nos dá e nos nos convirte nun referente en moitas disciplinas.
Trasladovos, unha vez máis, as miñas felicitacións e o meu orgullo, como alcalde e veciño guardés, por todos os vosos éxitos."
Finalizaba a XIII Gala do Deporte, como ven sendo habitual, coa foto de familia cos premiados, membros do xurado e autoridades.

 

GALERÍA DE FOTOS

Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

O Centro Cultural da Guarda acolleu o pasado venres día 14 de febreiro de 2020 a XIII edición da Gala do Deporte, un evento que estivo presentado polo xornalista Terio Carrera.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí