Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - A PISCINA MUNICIPAL DE VILANOVA DE CERVEIRA REABRE AS SÚAS PORTAS ESTA FIN DE SEMANA

Investíronse máis de 2 millóns de euros nas obras de remodelación

Na rolda de prensa estiveron presentes a Alcaldesa de Tomiño, Sandra González e o Presidente da Cámara Municipal de Vilanova de Cerveira, Fernando Nogueira.

Fecha: 06 de Noviembre de 2015

Fuente: Infomiño.com

 

O pasado Xoves día 5 de Novembro de 2015 tivo lugar no Concello de Tomiño a presentación da reapertura da Piscina Municipal de Vilanova de Cerveira, espazo no que se acometeron obras de reforma por valor de 2 millóns de euros.

 

Na rolda de prensa estiveron presentes a Alcaldesa de Tomiño, Sandra González e o Presidente da Cámara Municipal de Vilanova de Cerveira, Fernando Nogueira.

A piscina Municipal de Cerveira é un espazo deportivo amplamente empregado por galegos, de feito, en palabras de Fernando Nogueira, aproximadamente un 60% dos seus usuarios proceden dos municipios transfronteirizos galegos, motivo polo cal se aposta por un servizo compartido en colaboración entre ambolos dous municipios da raia, cun espíritu de eliminación de fronteiras.

Neste senso, a partires da vindeira semana, os tomiñeses que se dexesen anotar na Piscina de Vilanova de Cerveira poderán facelo tamén no dende o consistorio de Tomiño e se estuda tamén a viabilidade dun servizo de transporte dende o municipio galego.

A sustentabilidade económica deste espazo depende en gran medida do número de usuarios, estimándose que se poda chegar en breves ós 2000, o que fae rentable a súa continuidade.

A Piscina de Vilanova de Cerveira ten acollido unhas obras de remodelación que fai que sexa máis doado o seu mantemento, reducíndose ademáis o gasto enerxético nun 30%, contando cun equipo de profesionais de 19 persoas, conta cunha ampla zona de aparcamento, ascensor e rampas de acceso para persoas de movilidade reducida.

Ambos rexidores apuntaron que a "fronteira debe servir coma nexo de unión" e que non ten sentido duplicar equipamentos, senón que deben de ser compartidos ante imposibilidade dos municipios de afrontar obras de gran embergadura de xeito individual.

Tomiño e Vilanova de Cerveira contan xa cunha piscina en común, pero ademáis tamén están abertos a novas fórmulas de cooperación coma a utilización da Escola de Música de Tomiño por parte de usuarios de Cerveira e a organización conxunta de actividades deportivas coma o Triató da Amizade ou o aproveitamento en común de espazos ó aire libre coma o Parque do Castelinho ou o Espazo Fortaleza, organización de eventos e certames culturais coma o I Simposium de Escultura Internacional do Miño, entre outras actividades.

A partires desta fin de semana a Piscina terá un horario de Luns a Venres de 9:00h a 22:00h e os Sábados de 9:00h a 20:00h. 

www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea
  Fecha: 5 Novembro 2015
www.infomiño.com © 2014. Todos los derechos reservados. Cámara: Canon EOS 350d
Ver album de fotografías aquí    

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones