Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Especial - Absoluto éxito da estrea de -Depodesafío 2018-

Brais Misa e Ariana González venceron na carreira de 14 quilómetros marcada polas altas temperaturas

Brais Misa e Ariana González venceron na carreira de 14 quilómetros marcada polas altas temperaturas

Fecha: 24 de Julio de 2018

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

A Deputación de Pontevedra inaugurou con éxito o seu novidoso programa deportivo "DepoDesafío 2018" cunha carreira a pé de 14 quilómetros que uniu os concellos de Tomiño e da Guarda. Nesta proba, na que participaron un centenar de deportistas, cruzaron a liña de meta en primeira posición Brais Misa, en categoría masculina, e Ariana González, en feminina que recibiron os seus trofeos nunha entrega á que asistiron a deputada Montse Magallanes e o deputado Santos Héctor Rodríguez.

O atleta Brais Misa finalizou a proba nun tempo de 49 minutos e 48 segundos, con 24 segundos de vantaxe sobre o segundo clasificado, Jose Carlos Ferreira. Pola súa banda, Ariana González chegou a meta da Guarda en 58 minutos e 44 segundos, clara gañadora por diante de Mónica Mezquita, que parou o tempo en 1 hora, 2 minutos e 19 segundos.

Tanto Brais como Ariana lideran actualmente a clasificación xeral do "Depo Desafío 2018". Ao finalizar todas as probas organizadas pola institución provincial gañarán a muller e o home que rematen ao menos 4 probas e consigan o maior número de puntos. Tanto a gañadora como o gañador recibirán un trofeo e un dorsal personalizado e intransferible para o maratón de Berlín, voo e aloxamento para el/ela e acompañantes.

Tras a celebración desta carreira a pé, na que sorteáronse dous voos a Valencia, a segunda cita do "DepoDesafío 2018" será unha travesía a nado de 1.200 metros entre o paseo marítimo do Grove e a Illa da Toxa. Para esta proba, para a que xa están anotadas 90 persoas, o prazo de inscrición segue aberto

Amais, despois da travesía a nado, o "DepoDesafío 2018" chegará á Cañiza cun trail de aproximadamente 15 quilómetros que levará aos e as participantes a alcanzar as cimas de montes con espectaculares vistas. Despois desta proba a seguinte será en Cerdedo-Cotobade, onde celebrarase unha proba BTT cun percorrido en bicicleta de aproximadamente 35 quilómetros. Por último, o primeiro fin de semana de outubro, Vigo acollerá un tríatlon en distancia sprint (750 metros a nado, 20 quilómetros en bicicleta e 5 quilómetros de carreira a pé) que porá punto e final a primeira edición do "DepoDesafío 2018".

As inscricións para todas as probas deste programa da institución provincial poderán realizarse a través da web da Deputación (https://www.depo.gal/depodesafio/probas). Todas as persoas interesadas poderán anotarse individualmente a cada proba ou tamén poderán facer a inscrición para todas xuntas.

"Depo Desafío 2018" enmárcase no Plan Estratéxico de Deportes e consiste nun novidoso proxecto dirixido a persoas maiores de 18 anos no que se combinan probas deportivas como carreira, bicicleta e natación. Os principais obxectivos deste programa son popularizar estas probas deportivas, ao tempo que se dan a coñecer as extraordinarias vilas e paraxes por onde se desenvolven, así como promover e concienciar á poboación sobre a práctica do deporte popular no medio natural dunha maneira respectuosa, sustentable e responsable.

GALERÍA DE FOTOS

Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

  Brais Misa e Ariana González venceron na carreira de 14 quilómetros  marcada polas altas temperaturas

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí