Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - ANA BUSTORFF INTERPRETA -CONCERTO À LA CARTE- HOXE XOVES NO TEATRO MUNICIPAL DE TUI

A Compañía de Teatro de Braga chega a Tui na iniciativa Troco x Troco

Fecha: 24 de Octubre de 2013

Fuente: Infomiño.com / Concellotui

 
Un monólogo sen palabras de 90 minutos de duración é o que protagoniza a actriz Ana Bustorff en "Concerto à la carte" que a Compañía de Teatro de Braga porá en escena mañá xoves, ás 21.30h, no Teatro Municipal de Tui. A obra foi escrita por franz-Xaver Kroetz está dirixida por Rui Madeira.

Este é o espectáculo número 100 da Compañía de Teatro de Braga que chega a Tui ao abeiro do circuíto de difusión cultural entre Galicia e Portugal Troco x Troco. Esta mañá a Área Panorámica acolleu a presentación deste evento cultural por parte do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, a concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez, xunto ao director da obra, Rui Madeira, e actriz Ana Bustorff.

A actriz Ana Bustorff, que con esta obra volveu traballar coa Compañía de Teatro de Braga, explicou representar este papel sen palabras é "unha experiencia importante e grandiosa" para ela, engadindo que "foi unha gran lección". A prestixiosa actriz portuguesa da vida á señora Rasch, unha muller solteira que vive soa. A obra fálanos da soidade, da insatisfacción, da loucura, pero no final hai tamén unha pequena dose de humor.

Rui Madeira, director da coa Compañía de Teatro de Braga, referiuse ao proxecto Troco x Troco no que participan catro compañías portuguesas e outras catro galegas, que chega Narón, Santiago, Ourense, Tui, Braga, Coimbra, Porto e Évora co participación de oito compañías da que catro son galegas e as outras castro lusas. Sobre "Concerto à la carte" que mañá representan en Tui destacaba que "é un espectáculo sobre o universo feminino, sobre nós e sobre a soidade". Representárono xa en Italia e Ucraina.

A concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez, congratulouse da oportunidade de poder ter esta obra en Tui dentro do programa Troco x Troco que promove o intercambio entre Galicia e Portugal, ao tempo que se favorece a comunicación intercultural e a proxección no ámbito da lusofonía.

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, salientou a aposta que fixo Tui por este circuíto cultural con Portugal dende o primeiro momento, afirmando que "Tui tiña que estar aí". Engadiu que "a cultura non ten fronteiras, imos saír os dous países enriquecidos". Tamén sinalou o rexedor que "este é o inicio dun proxecto que vai ter continuidade".

As entradas para "Concerto à la carte" están xa á venda en www.culturatui.info ata mañá xoves ás 13h, e mañá dende ás 20h poderanse mercar no Despacho de Billetes da Área Panorámica ao prezo de 6€ e 4,5€.

Compañía de Teatro de Braga con "Concerto à la carte"
Data: Xoves, 24 de outubro, ás 21.30h
Lugar: Teatro Municipal de Tui
Venda de entradas: en www.culturatui.info ata o xoves ás 13h, e no Despacho de Billetes o xoves dende ás 20h ao prezo de 6€ e 4,5€.

FOTOGRAFÍAS

Fotos de Jorge Alonso Daldea

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones