Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - CITA DEPORTIVA ESTE SÁBADO CO III DUATLÓN DE TOMIÑO

A proba, na que xa hai máis de 230 inscritos foi presentada no Concello de Tomiño

A proba, na que xa hai máis de 230 inscritos foi presentada no Concello de Tomiño

Fecha: 22 de Abril de 2016

Fuente: Infomiño.com

A Asociación de Comerciantes de Tomiño (Adeto) organiza coa colaboración da Concellaría de Deportes do Concello de Tomiño, e a Federación Galega de Triatlón (Fegatri), o III Duatlón Popular de Tomiño, que terá lugar o vindeiro sábado, 23 de abril, a partir das catro da tarde.

A proba, na que xa hai máis de 230 inscritos, foi presentada esta mañá no Concello de Tomiño, coa presenza da alcaldesa, Sandra González, o presidente de Adeto, David Vila e o concelleiro de Deportes, Ismael Torrón.

A rexedora local reiterou o apoio a este tipo de eventos que promoven o deporte e os hábitos de vida saudables, ademais de beneficiar o comercio local.
O concelleiro delegado, pola súa banda, agradeceu a Adeto a promoción do deporte de base que están a facer, dentro e fora de Galicia.

O presidente de ADETO explicou que "o obxectivo do duatlón, así como da carreira popular que se celebra no verán, é realzar a asociación a través de actividades deportivas, sociais e culturais que dinamicen o núcleo urbano e atraian xente de fora de Tomiño, beneficiando así aos seus asociados".

David Vila sinalou que despois do éxito das edicións anteriores, decidiuse realizar este terceiro duatlón, nas categorías de benxamíns, alevíns, infantil, cadete e adultos.

A proba, consistirá en realizar en primeiro lugar, unha carreira a pé e, seguidamente, un circuíto en bicicleta, con diferentes distancias, segundo a categoría (xúntase cartel).

A primeira carreira será a dos benxamíns, que comezará ás 16.00 horas; seguida da dos alevíns, ás 16.20 horas; infantil, ás 16.50; cadete, ás 17:30 e, finalmente, a dos adultos, con saída ás 18.15 horas.

A saída será para todas as probas na rúa Colón, e a zona de transición e meta, na rúa nova.

A entrega de premios (125, 75 e 50 euros) e trofeos será ás 20.45 horas na Praza do Seixo.

Colaboran coa organización deste duatlón popular de Tomiño, Policía Local, Protección Civil, Ambulancias Baixo Miño, Lito Sport, Supermercados Froiz e DIA de Tomiño, Ximnasio VYP, DIFERSA e Cocacola.


 
www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea  
  Fecha: 21 de Abril de 2016

 

 
www.infomiño.com © 2016. Todos los derechos reservados. Cámara:

Canon EOS 350d

 

Haz clic en la imagen para ver la galería de fotos

A proba, na que xa hai máis de 230 inscritos foi presentada no Concello de Tomiño  

 
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones