Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - DESFILE DE ENTROIDO 2015 EN TUI

Celebrouse o Martes día 17 de Febreiro de 2015 en Tui

Celebrouse o Martes día 17 de Febreiro de 2015 en Tui

Fecha: 18 de Febrero de 2015

Fuente: Infomiño.com

Tui acolleu o pasado Martes día 17 de Febreiro de 2015 o Desfile-concurso de Entroido que percorreu un circuíto establecido polas rúas Casal Aboy, Compostela, Betanzo, Irmáns Maristas, Ourense e A Guarda.

A comparsa "Invasión asiática" da Asociación Cultural O Mosteiro de Pexegueiro foi a gañadora esta tarde no desfile-concurso de Entroido en Tui. A recreación dunha colmea de vespas asiáticas levouse o primeiro premio na categoría absoluta, o primeiro en carrozas, amais do segundo en acompañamento musical.

Miles de persoas volveron ateigar as rúas novas da cidade, nunha soleada tarde, para presenciar o paso do desfile concurso no que se deron cita un total de nove comparsas de Tui, Tomiño, Salceda e Vigo.

O segundo premio na categoría absoluta, no que se premia orixinalidade, vestiario, parodia, acompañamento musical e carroza, foi para "Cantos Somos, chourizos ó caldeiro" de Tui cunha crítica á corrupción política. Tamén recibiron o cuarto premio en carrozas e o primeiro en acompañamento musical.

Na categoría absoluta o terceiro premio foi para "Priscila, raíña do deserto" da Sociedade Cultural Atlántica de Matamá, o cuarto para Borralliño de Soutelo cunha recreación de "Missipi River", o quinto para "Lembranzas do medievo" da Asociación Cultural Lembranzas da Terra de Guillarei, o sexto recaeu na Asociación Cultural e Recreativa Arume de Malvas por "Taça da Eurocidade", e o sétimo foi para Luces de Tomiño co "Carnaval máis internacional" cunha representación do Entroido do Brasil sen plumas.

Nas carrozas o sete premios establecidos foron para "Invasión asiática" da Asociación Cultural O Mosteiro de Pexegueiro, o segundo para Borraliño de Soutelo, o terceiro para "Priscila, raíña do deserto", o cuarto para "Cantos Somos, chourizos ó caldeiro", o quinto para Luces de Tomiño "O Carnaval máis internacional", o sexto para "Lembrazas do medievo" da Asociación Lembranzas e o sétimo para "Taça Eurocidade" de Arume de Malvas.

Por último en acompañamento musical "Cantos Somos, chourizos ó caldeiro" levou o primeiro premio, seguido de "Invasión asiática" de Pexegueiro, e de "Lembranzas do Medievo" da Asociación Cultural Lembranzas de Guillarei.

O Entroido despedirase en Tui o próximo domingo co Enterro do Bacallau que sairá ás 19.30h dende a Praza de San Fernando, percorrendo as rúas Seixas, Porta da Pía, Ordóñez, Paseo da Corredoira, con parada no Cantón de Diómedes, onde se dará lectura ao testamento, para proseguir pola Praza da Inmaculada, Augusto González Besada, enlace coa rúa Ourense e aparcamento municipal, onde se incinerará o bacallau. Todas as comparsas que esta tarde tomaron parte no desfile deberán acudir o domingo ao Enterro do Bacallau.

Debido á celebración do Enterro do Bacallau o domingo non poderá estacionar a partir das 14h no aparcamento municipal.


www.infomiño.com Fotógrafo:

Sara Carrera Coímbra

Jacinto Domínguez Rodríguez

  Fecha: 17/02/2015
www.infomiño.com © 2014. Todos los derechos reservados. Cámara:

Samsung ES70

HP s510

     

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones