Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - Este domingo celébrase a 15k do Atlántico - Banco Mediolanum

A 15k do Atlántico - Banco Mediolanum chega a súa sexta edición superando as expectativas de participación, o que reflexa a boa organización e a consolidación da proba

A 15k do Atlántico - Banco Mediolanum chega a súa sexta edición superando as expectativas de participación, o que reflexa a boa organización e a consolidación da proba

Fecha: 06 de Octubre de 2018

Fuente: Jorge Alonso Daldea / Infomiño

O pasado martes día 2 de outubro de 2018 o CEIP Mestre Manuel García de Oia acolleu a presentación da sexta edición da 15k do Atlántico - Banco Mediolanum, unha proba deportiva referente do running galego que congregará este ano a preto de 600 corredores na categoría 15k e 200 na categoría de andaina, empregando parte do trazado do Camiño Portugués da Costa.

Na presentación do evento contouse coas intervencións de Serafín Martinez, director da proba; Alesia Kurchankova, madrina desta edición; a alcaldesa de Oia, Cristina Correa; a alcaldesa do Rosal, Mª del Carmen Alonso; o Alcalde de A Guarda, Antonio Lomba; o Xefe de Deportes da Xunta de Galicia en Pontevedra, Daniel Benavides e Ángeles Franco, Manager de Banco Mediolanum.

No acto de presentación, a xogadora do Mecalia Atlético e madriña da proba, Alesia Kurchankova amosou sentirse orgullosa de ser elexida madriña desta edición, pola súa parte Serafín Martínez recalcou que «unha proba deste tipo non sería posible sen a colaboración institucións privadas coma o Banco Mediolanum e sen a axuda de institucións públicas coma os Concellos participantes». O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, destacou na súa intervención "foi un acerto facer esta carreira nesta zona, onde os participantes gozan das nosas paisaxes á vez que realizan práctica deportiva".

A 15k do Atlántico - Banco Mediolanum chega a súa sexta edición superando as expectativas de participación, o que reflexa a boa organización e a consolidación dunha proba que xa forma parte do calendario anual deste tipo de probas deportivas en Galicia para moitos atletas. Ademais e dentro da filosofía, "Deporte saludable" terá lugar a "andaina popular" cunha distancia aproximada de 12 kms, onde os participantes poderán animar e ver aos corredores da 15k ao seu paso polo Concello do Rosal.

Coma novidade, nesta edición contarase coas actuacións, a partires das 11:30h, dos grupos Awen na Praza de San Bieito e Mbolo Mooye Doolé na Praza do Reló, e os participantes contarán un ano máis con transporte en autobús dende a Atalaia do Porto ata a liña de saída en Oia. Tamén o percorrido terá novo trazado á chegada á Guarda, pasando por varias rúas do casco urbano.

GALERÍA DE FOTOS

Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

A 15k do Atlántico - Banco Mediolanum chega a súa sexta edición superando as expectativas de participación, o que reflexa a boa organización e a consolidación da proba

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones