Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - ETAPA REDONDELA-PONTEVEDRA DO CAMIÑO PORTUGUÉS POLA COSTA POR ETAPAS

As choivas acompañaron ós camiñantes ó longo da xornada

As choivas acompañaron ós camiñantes ó longo da xornada

Fecha: 18 de Abril de 2016

Fuente: Infomiño.com

A vila da Guarda e o municipio de Caminha, en Portugal, ofertan, nos meses de marzo, abril e maio, varias andainas correspondentes a etapas do Camiño Portugués da Costa aos seus veciños e veciñas.

Ambos municipios ofertan o transporte dos participantes ata os puntos de partida e tamén desde a chegada de novo A Guarda e a Caminha. Esta iniciativa é a primeira das actividades organizadas en conxunto no ámbito da candidatura do Estuario do Miño como Paisaxe Cultural da UNESCO.

Sete etapas

Esta iniciativa engloba as sete etapas do Camiño Portugués da costa. A primeira destas andainas foi o sábado 5 de marzo, que levou aos camiñantes dende Áncora ata Mougás.

No día 12 de marzo, a andaina foi dende Mougás a Vigo, e o pasado sábado día 2 de abril a etapa uniu Vigo con Redondela.

A cita do pasado Sábado foi o camiño entre Redondela e Pontevedra.

No día 23 de abril a andaina será dende Pontevedra ata Caldas de Reis, no día 7 de maio o camiño será de Caldas de Reis ate Padrón. A etapa que pechará esta peregrinación será o 14 de maio cando os camiñantes percorrerán o traxecto dende Padrón ata Santiago de Compostela.

Ambos municipios ofertan o transporte dos participantes ata os puntos de partida e tamén desde a chegada de novo A Guarda e a Caminha.

Seguintes etapas:


4ª etapa

16 de abril: Redondela - Pontevedra 21 km
Saída da Sangriña ás 8.30h. Iremos cara Goián onde nos xuntamos cos participantes procedentes de Caminha. Abandonamos pouco a pouco a ría de Vigo polo concello de Soutomaior. Cruzamos ó río Verdugo pola Ponte de Sampaio e dirixímonos por varias poboacións do concello de Vilaboa e por Tomeza entramos na cidade de Pontevedra onde nos agarda o santuario da Virxe da Peregrina.

5ª etapa
23 de abril: Pontevedra - Caldas de Reis: 22 km
Saída da Sangriña ás 8.30h. Iremos cara Goián onde nos xuntamos cos participantes procedentes de Caminha. Cruzamos Pontevedra pola ponte do Burgo cara pequenos pobos de Barro e As Portas ata cruzar o Umia xa en Caldas de Reis onde finaliza esta etapa.

6ª etapa
07 de maio: Caldas de Reis - Padrón: 18 km
Saída da Sangriña ás 8.30h. Iremos cara Goián onde nos xuntamos cos participantes procedentes de Caminha.


Iremos cara o Concello de Valga para despedir a provincia de Pontevedra cruzando o río Ulla por Pontecesures e entrando por Padrón xa na provincia da Coruña.

7ª etapa
14 de maio: Padrón - Santiago de Compostela: 25 km
Saída da Sangriña ás 8.30h. Iremos cara Goián onde nos xuntamos cos participantes procedentes de Caminha. Polos municipios de Padrón, Teo e Ames chegamos o final da viaxe, cruzando a histórica Porta Faxeira, animada rúa do franco e por fin a Catedral de Santiago.

RESUMO ETAPAS
05 de marzo: Ancora (Caminha_Portugal) - Mougás (Oia) 28 km.
12 de marzo: Mougás (Oia) - Vigo 28 km
2 de abril: Vigo - Redondela: 23 k
16 de abril: Redondela - Pontevedra 21 km
23 de abril: Pontevedra - Caldas de Reis: 22 km
7 de maio: Caldas de Reis - Padrón: 18 km
14 de maio: Padrón - Santiago de Compostela: 25 km

 

www.infomiño.com Fotógrafo: Sara Carrera Coímbra  
  Fecha: 16 Abril 2016

 

 
www.infomiño.com © 2016. Todos los derechos reservados. Cámara:

Canon IXUS 180

 

Haz clic en la imagen para ver la galería de fotos

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones