Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - GALA DO DEPORTE 2014 EN TUI

Celebrouse o venres día 28 de Novembro de 2014 en Tui

Un evento no cal o Concello de Tui, a través da Concellería de Deportes, honra e distingue @s deportistas destacados, así coma as empresas e institucións vencelladas ó deporte na cidade de Tui.

Fecha: 29 de Noviembre de 2014

Fuente: Infomiño.com

O pasado Venres día 28 de Novembro de 2014 o Teatro Municipal de Tui acolleu a Gala do Deporte Tudense 2014, un evento no cal o Concello de Tui, a través da Concellería de Deportes, honra e distingue @s deportistas destacados, así coma as empresas e institucións vencelladas ó deporte na cidade de Tui.

Baixo a dirección de Beti Rey, da RMT, o evento misturou a entrega de distincións con actuacións de baile, hip hop e videos con imaxes actuais e históricas, coma a primeira edición do "Descenso del Miño".

O deporte na cidade de Tui goza de boa saúde, cunha media dunha proba deportiva por semana, contando ademáis cos apoios da Cámara Municipal de Valença do Minho, Protección Civil, GNR, Cruz Roja, empresas patrocinadoras, pais e nais, familiares...

O primeiro recoñecemento desta gala foi para os pioneiros do deporte tudense, aqueles que fai 50 anos decidiron organizar e promover o Descenso do Miño, en primeiro lugar a través do Náutico San Telmo, e posteriormente do Kayak Tudense.

O premio para entidades colaboradoras recaeu sobre a Radio Municipal de Tui, baixo a dirección de Jose Font, medio de promoción para o deporte local e colaborador habitual en probas deportivas.

O premio para a firma comercial ou entidade colaboradora recaeu na empresa lusa Nelo, baixo a xerencia de Manuel Ramos, participa activamente dende o ano 1977 no "Descenso Internacional del Miño" e colabora co Kayak Tudense e os seus deportistas.

O premio para o clube ou entidade deportiva na promoción do deporte base recaeu  sobre o TYDE FC, un equipo que conta cunha canteira de máis de 100 nenos dende os 5 anos de idade e 41 xogadores senior, recollendo o galardon o seu presidente Elías Bello.

O segundo recoñecemento desta gala foi para a figura de Antonio Sánchez Franco, gran impulsor do deporte local, levando a presidencia do TYDE FC ata a 3º división rexional e acadando a realización do estadio municipal, que desexan ex-directivos deste clube que algún día leve o seu nome.

O premio para os entrenadores recaeu na figura de Daniel Mouriño Fortes, entrenador do Clube de Atletismo Thermalia Tui.

O premio para o deportista promesa masculino recaeu en José Leiras Estévez, xogador do Clube Balonmán Tui, actualmente no "6 do Nadal de Vigo" e chamado para a selección nacional infantil e cadete.

O premio para a deportista promesa femenina recaeu en Ainhoa Lameiro Rodríguez.

O premio parao clube ou entidade deportiva recaeu no Clube Kayak Tudense, campións do Mundo, de Europa e que conta cunha canteira moi importante na actualidade, recollendo o premio o seu presidente José Luís.

Os premios para as deportistas femeninas recaeu sobre a piragüísta Ana Varela e a atleta Uxía Pérez Bugarín.

Os premios para os deportistas masculinos recaeu sobre o triatleta Gustavo Rodríguez Iglesias e o piragüísta Roi Rodríguez Huertas.

Para finalizar este acto o Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez resaltou a ampla dotación de equipamentos existentes na actualidade na cidade de Tui, destacando a consecución do Centro interfederado de Remo coma Centro de Tecnificación e a existenza dunha ampla variedade de alternativas deportivas no municipio.

O alcalde eloxiou a todol@s premiad@s, ós seus entrenadores, familiares, persoas que traballan directa e indirectamente co deporte, agradecendo tamén á figura de Nicolás Montes, ex-concelleiro de Deportes ata fai escasos días.

www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea
  Fecha: 28 Novembro 2014
www.infomiño.com © 2014. Todos los derechos reservados. Cámara: Canon EOS 350D
     

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones