Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - MÁIS DE 130 DEPORTISTAS GALEGO-PORTUGUESES SE DARÁN CITA ESTE DOMINGO NO VIII TRIATLÓN DA AMIZADE

A proba transcurre entre os Concellos de Tomiño e Vilanova de Cerveira(Portugal)

A proba, que terá lugar o vindeiro domingo, foi presentada no Concello de Tomiño polos alcaldes dos municipios fronteirizos e o vicepresidente da Federación Galega de Triatlón (FEGATRI)

Fecha: 27 de Septiembre de 2014

Fuente: Infomiño.com

Máis de 130 deportistas daranse cita este domingo, 28 de setembro, na oitava edición do Triatlón da Amizade, organizado conxuntamente polo Concello de Tomiño e a Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, en colaboración coas federacións de triatlón galega e portuguesa.

Como en anos anteriores, a competición terá unha proba infantil (de 9 a 16 anos) con percorridos adaptados e saída nas inmediacións do Espazo Fortaleza sobre as 11 da mañá. Para esta actividade hai inscritos case 40 nenos e nenas.

Pola tarde, ás 16.00 horas (hora española) terá lugar a saída da proba principal dende a Praia Castelinho (Vila Nova de Cerveira). Os atletas terán que nadar polo río ao longo de 750 metros ata chegar á primeira zona de transición situada na Praia de Goián (Tomiño). A continuación terá lugar a proba de bicicleta, que transcorrerá nas inmediacións do Espazo Fortaleza, cunha distancia total de case 20 km.
Por último, os deportistas chegarán novamente a Cerveira, a través da Ponte Internacional da Amizade, e comezarán a última etapa da proba, a carreira a pé, a través de 5 km. con chegada na propia vila lusa.

A presentación deste VIII Triatlón da Amizade 2014, tivo lugar esta mañá, na Casa do Concello de Tomiño, coa presenza dos rexedores de ambas as vilas fronteirizas e o vicepresidente da Federación Galega (FEGATRI) de Triatlón, Luis Piña. No acto estiveron tamén a concelleira de Deportes do Concello de Tomiño e o técnico de Deportes da Cámara Municipal de Cerveira.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, asegurou que a proba deportiva "está totalmente consolidada e é un punto de encontro importante entre os pobos das nosas vilas, constituíndo xa unha referencia deportiva e de cooperación transnacional na zona".
Pola súa banda, Fernando Nogueira, presidente da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, quen lembrou que esta proba vén a refrendar as relacións de colaboración existentes dende hai anos entre os dous municipios, ao tempo que ratifica a Carta da Amizade, asinada recentemente polos mandatarios locais.

Luis Piña, de FEGATRI, explicou que o Triatlón da Amizade é unha das probas máis singulares nas que traballa a federación, polo seu carácter transnacional, o que aporta unha riqueza e atractivo engadido á competición.


Os rexedores agradeceron a colaboración dun centenar de voluntarios e voluntarias de ambos os lados da fronteira, así como das forzas de Protección Civil, Bombeiros, Mariña, policía, etc., que colaboran habitualmente para garantir o desenvolvemento correcto da competición.

 

www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea
  Fecha: 26 Setembro 2014
www.infomiño.com © 2014. Todos los derechos reservados. Cámara: Canon EOS 350d
     

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones