Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - Máis de 70 persoas rematan a XXII Travesía a nado no Porto de A Guarda

A vixésimo segunda edición da Travesía a nado no Porto de A Guarda arrancou o pasado sábado con 115 personas inscritas para os dous percorridos da proba

Máis dun cento de persoas participaron nesta 22 edición

Fecha: 03 de Julio de 2017

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

A vixésimo segunda edición da Travesía a nado no Porto de A Guarda arrancou o pasado sábado con 115 personas inscritas para os dous percorridos da proba, de entre os que finalmente 77 conseguiron rematar o traxecto polo interior do porto guardés.

O alcalde do Concello de A Guardia, Antonio Lomba, deu a orde de saída da proba, que se dividiu en dúas categorías. A primeira delas, con 400 metros de percorrido, deu oportunidade de participación as nenas e nenos de até 12 anos. Dos seis participantes que conseguiron rematar, a gañadora foi Sara Tajes Lede, de 9 anos e membro do Clube de Natación Galaico. Pouco despois, alcanzaba a meta o seu compañeiro de equipo, Nicolás Vázquez Fernández, de 11 anos; e nun terceiro lugar, Naiara Eijo Gil, do Clube de Natación de Redondela.

O segundo percorrido contou con participantes masculinos e femininos de entre 12 e 68 anos, cun traxecto de 1.600 metros polo interior do porto guardés. O primeiro posto nesta categoría foi para Martín Carrera Costas, de 20 anos e membro do Clube de Natación de Ponteareas. Rifándolle a victoria en todo momento, o seu compañeiro Francisco Cobelo Represas, de 21 anos, que acadou o segundo posto. A poucos metros deles chegaba Laura Rodríguez Novoa, de 17 anos e tamén membro do clube ponteareano, que conseguiu o terceiro posto do podio, realizando o percorrido en pouco máis de 19 minutos.

A entrega de premios tivo lugar na carpa instalada na explanada do Porto con motivo da celebración da XXVII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira. Ademáis do recoñecemento ós gañadores absolutos nas categorías feminina e masculina, o alcalde guardés e a concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes, agasallaron cunha medalla ós tres competidos e competidoras máis rápidos por rangos de idade. Por outra parte, e como recoñecemento de excepción, o rexedor e a concelleira quixeron premiar ó esforzo de participantes como Andrés Jesús Rodríguez (68 anos), o nadador máis veterano; e Alberto Pérez Paz que, ós seus 8 anos, foi o participante máis mozo.

   Fotos de Jorge Alonso Daldea
 

  A vixésimo segunda edición da Travesía a nado no Porto de A Guarda arrancou o pasado sábado con 115 personas inscritas para os dous percorridos da proba

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones