Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - MÁIS DUN CENTENAR PERSOAS PERCORRERON A 1º ETAPA DO CAMIÑO PORTUGUÉS POLA COSTA

A actividade está organizada conxuntamente pola Cámara de Caminha e o Concello da Guarda no marco da candidatura do Esteiro do Miño a Paisaxe Cultural da Unesco

Todos xuntos cruzaron no ferri entorno ó mediodía, camiñaron pola Guarda, O Rosal e Oia, ata rematar en Mougás, na zona onde se atopa o albergue.

Fecha: 07 de Marzo de 2016

Fuente: Infomiño.com


O sábado día 5 de marzo de 2016 tivo lugar a primeira das etapas do Camiño Portugués que realizarán en compañía os veciños da Guarda e da vila portuguesa de Caminha. Esta actividade foi a primeira das actividades organizadas conxuntamente pola Cámara de Caminha e o Concello da Guarda no marco da candidatura do Esteiro do Miño a Paisaxe Cultural da Unesco.

Nesta iniciativa participaron máis de 120 camiñantes, tanto guardeses coma veciños e veciñas de Caminha.

Esta primeira etapa percorreu a distancia entre Ancora (Caminha) e Mougás (Oia), un total de 28 quilómetros. Os participantes guardeses saíron dende a explanada do CEIP A Sangriña ás 8 horas en autobús. Dende alí foron ata o punto de encontro cos participantes de Caminha, onde comezou esta primeira andaina trala recepción das autoridades. Todos xuntos cruzaron no ferri entorno ó mediodía, camiñaron pola Guarda, O Rosal e Oia, ata rematar en Mougás, na zona onde se atopa o albergue.
As choivas e claros acompañaron durante toda a xornada.

Vindeiras etapas:

RESUMO ETAPAS
05 de marzo: Ancora (Caminha_Portugal) - Mougás (Oia) 28 km.
12 de marzo: Mougás (Oia) - Vigo 28 km
2 de abril: Vigo - Redondela: 23 k
16 de abril: Redondela - Pontevedra 21 km
23 de abril: Pontevedra - Caldas de Reis: 22 km
7 de maio: Caldas de Reis - Padrón: 18 km
14 de maio: Padrón - Santiago de Compostela: 25 km

www.infomiño.com Fotógrafo: Sara Carrera Coímbra
  Fecha: 6 Marzo 2016
www.infomiño.com © 2016. Todos los derechos reservados. Cámara: Canon IXUS 160
Ver album de fotografías aquí    

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones