Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - O DEPORTISTA ROSALEIRO IVÁN RODRÍGUEZ MACEIRAS SUBCAMPIÓN DE ESPAÑA DE SALTO DE LONXITUDE

Cunha distancia de 7.38m quedou a tan só 7 décimas do campión

A súa paixón polo deporte comezou en 6º de primaria no Colexio Público da Mata no Rosal, baixo a tutela de Félix, que foi tamén profesor de educación física do recoñecido decatleta rosaleiro David Gómez.

Fecha: 05 de Marzo de 2014

Fuente: Infomiño.com

O pasado sábado día 1 de Marzo de 2014 foi recibido no consistorio do Rosal o xoven deportista Iván Rodríguez Maceiras, recentemente proclamado Subcampión de España na modalidade de Salto de Lonxitude cunha distancia de 7,38m, fronte ós 7,45 do campión.

O Alcalde do Rosal, acompañado polo Concelleiro de Deportes, a Concelleira de Cultura e a Teniente de Alcalde recibiron a Iván e á súa familia, facéndolle entrega dunha praca conmemorativa.

Nun principio non pensou que podería chegar a un segundo posto, xa que ven de cambiar recentemente de categoría.

Iván, con tan só 20 anos, compaxina os seus estudos de opteometría con máis de dúas horas diarias de entreno de Luns a Sábado e con 1,80m de estatura quen que levar unha dieta equilibrada e manterse en forma, para poder optar a realizar unha boa competición, na que as viaxes son contínuas e numerosas.

A súa paixón polo deporte comezou en 6º de primaria no Colexio Público da Mata no Rosal, baixo a tutela de Félix, que foi tamén profesor de educación física do recoñecido decatleta rosaleiro David Gómez. Tras probar con diferentes modalidades coma o fondo/cross, velocidade, altura e combinadas, decantouse finalmente polo salto de lonxitude.

Tras estar durante preto de 3 anos no Centro de Alto Rendimiento de Pontevedra baixo a tutela do adestrador Santiago Ferrer, adestra arestora na cidade de Santiago de Compostela, onde cursa os seus estudos en Opteometría.

Continuará adestrando de cara ó Campionato de España Absoluto, a celebrarse a finais de Xuño en Catalunya.

O Concello do Rosal celebrará o vindeiro 12 de Abril de 2014 unha Gala de recoñecemento ós méritos deportivos no Auditorio Municipal.

Galería Fotográfica de Infomiño NoticiasFotos de Jorge Alonso Daldea

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones