Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - O Grovias FG cae ante o Condado FG por 21-22

Este sábado disputouse no Campo da Canosa do Rosal a novena xornada da Liga Gallaecia de Futbol Gaélico

Este sábado disputouse no Campo da Canosa do Rosal a novena xornada da Liga Gallaecia de Futbol Gaélico

Fecha: 25 de Febrero de 2019

Fuente: Jorge Alonso Daldea / Infomiño

Este sábado disputouse na Canosa a novena xornada da Liga Gallaecia de Futbol Gaélico. Na que o equipo local, Grovias FG, enfrontouse ao Condado FG. Co resultado final de 21-22, a favor dos do Condado.

Na primeira parte dominou a equipa visitante marchando ao descanso cunha clara vantaxe, pero na segunda parte as Grovias sairon a por todas quedando o partido moi disputado nos intres finais, onde Grovias tivo a posibilidade de empatar ata duas veces en sendos tiros de falta. Pero non puido ser e o Condado levouse os 2 puntos para a casa.

O Futbol Gaélico chegou a Galiza no 2010, cando se creou a primeira equipa na Coruña, e posteriormente xa en outras muitas comarcas do País. Chegando ata o dia de hoxe no que conta xa con duas Ligas federadas, unha masculina e outra femenina, e unha Liga, non federada e mixta, onde xoga Grovias, equipa de rapazas e rapaces de todo o Baixo Minho. Acostumando a xogar e adestrar no Rosal, e que atualmente están a buscar xente que queira adestrar e xogar con elas.

Este deporte tan singular como descoñecido ata hai pouco para nós, é orixinario da Irlanda, onde é deporte nacional e ten un grande seguimento das irlandesas e irlandeses. Alén, xógase noutras nacións atlánticas como Gales ou a Bretanha.

Parte do éxito do seguimento deste deporte na Irlanda, é o seu marcado carácter popular e non lucrativo, onde a parte de non se permitir as fichaxes de xogadoras entre distintas equipas, ou sexa cada xogadora ten que xogar na equipa da sua zona (condado), ningunha xogadora vive deste deporte, embora enchan estádios cada fin de semana.

Na Galiza cada vez está a pegar con mais forza, onde cada ano o número de equipas e de seguidoras tende a medrar.

GALERÍA DE FOTOS

Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

 Este sábado disputouse no Campo da Canosa do Rosal a novena xornada da Liga Gallaecia de Futbol Gaélico

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones