Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - O TEATRO MUNICIPAL DE TUI ACOLLERÁ ESTE SÁBADO O II FESTIVAL DE BANDAS DE MÚSICA

O acto contará coa participación de 8 agrupacións

Fecha: 26 de Octubre de 2013

Fuente: Infomiño.com / www.depo.es

O Teatro Municipal de Tui acollerá este sábado, 26 de outubro, o Festival de Bandas de Música da Deputación de Pontevedra. O acto dará comezo ás 16,00 horas e contará coa participación de 8 agrupacións musicais do sur da provincia.
Así o comunicou esta mañá a deputada provincial, Ana Isabel Vázquez, na rolda de prensa ofrecida, xunto ao rexedor local de Tui, Moisés Rodríguez, na Casa do Concello.
As bandas participarán agrupadas en tres categorías. Así na Sección terceira (menos de 46 músicos), participarán a Banda de Música de Chapela, a Banda de Música Popular de Rubiós e a Banda de Música Cultural de Mondariz. Pola súa parte, a Agrupación Musical de Goián, a Banda de Música Xuvenil de Torroso e a Banda de Música de Salvaterra, participarán na sección segunda (de 46 a 60 músicos). Finalmente, na sección primeira (máis de 61 músicos) participarán a Banda de Música Cultural Salceda de Caselas e a Agrupación Musical de Vincios.
Con este festiva, a Deputación de Pontevedra pretende contribuír á conservación e promoción dun elemento moi consolidado da cultura da provincia, como é a música de banda.
Cada unha das bandas interpretará dúas obras de libre elección. A primeira delas será obrigatoriamente de autoría ou temática galega e a segunda de libre elección.
A duración de cada unha das obras e os tempos totais de desviación que se lle permite a cada agrupación serán os seguintes:
Sección primeira: 15 ± 5 minutos
Sección segunda: 10 ± 5 minutos
Sección terceira: 10 ± 5minutos
A Deputación destinará 1.650 euros a cada unha das bandas participantes na sección primeira, 1.400 euros ás da sección segunda e 1.150 euros ás da sección terceira.


FOTOGRAFÍAS

Fotos de Jorge Alonso Daldea

 

 


 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones