Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - O TEMPORAL DEIXA NUMEROSAS INCIDENCIAS NO BAIXO MIÑO

Asulagamentos, caída de polas de árbores, desbordamento de ríos, entre outras incidencias

Toda a zona Sur da provincia estivo gravemente afectada pola chuvia e o vento.

Fecha: 08 de Enero de 2016

Fuente: Infomiño.com

Dende primeiras horas desta mañá os fortes ventos e as abundantes precipitacións deixaron numerosas incidencias que mantiveron en vilo ós equipos de emerxencias na Comarca do Baixo Miño.

A maioría delas por asulagamentos, caídas de polas de árbores, arquetas e sumidoiros atascados, derrumbamentos e corrementos de terras, que fixeron traballar arreo ós equipos de emerxencias e o persoal de mantemento de estradas e brigadas da Deputación de Pontevedra.

O CAE 112 Galicia rexistrou durante esta mañá, entre as 08:00 e as 12:00 horas, un total de 158 incidencias relacionadas coa meteoroloxía adversa. Case na súa totalidade estiveron relacionadas coas intensas chuvias, que provocaron 62 incidencias por mor de anegamentos e importantes bolsas de auga en estradas. Pontevedra foi a provincia máis afectada, cun total de 68 incidencias. 

 

Toda a zona Sur da provincia estivo gravemente afectada pola chuvia e o vento.

A primeiras horas desta mañá se tivo que cortar a circulación na estrada PO-552 ó seu paso pola parroquia de Viladesuso no termo municipal de Oia, polo desbordamento do Río Seco, malia as obras realizadas para evitar as inundacións neste punto, novamente a auga ocupou a calzada, se cabe con menores estragos que en pasadas ocasións.

No Concello de Tui a Ponte das Febres na parroquia de Ribadelouro está anegada pola augas tras as importantes choivas dos últimos días. Este tramo do Camiño de Santiago está inundado, dende o Concello instalaráse esta mesma tarde sinalización dunha ruta alternativa, informando aos peregrinos da situación. A Policía Local de Tui informou no día de onte da caída dun muro de contención en San Caetano, en Paramos, que mantén arestora esta estrada cortada. 

No Concello de Tomiño dous corrementos e derrumbamento terras afectaron á parroquia de San Salvador de Tebra, así coma balsas de auga en estradas na zona de Figueiró.

No Concello de A Guarda foi precisa a intervención do GES de A Guarda para a retirada de varias polas de árbores caídas sobre a calzada da estrada PO-552 na zona das Loucenzas.

No Rosal o río Carballas-Tamuxe tamén mantivo en vilo ós veciños das zonas de Fornelos, Arauxo, Urgal e As Aceñas, onde a auga salíuse do cauce do Río en varios puntos, aínda que sen ocasionar danos.

No que vai de ano o mal tempo non deu unha tregua. Se ben o día de hoxe está a ser especialmente complicado, nas xornadas anteriores tamén houbo unha intensa actividade por parte das brigadas da Deputación de Pontevedra a causa das inclemencias metereolóxicas, chegando case ás 60 alertas.

A situación no mar continúa a ser complicada obrigando á frota pesqueira a permanecer amarrada sen poder saír a faenar.

www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea
  Fecha: 8 Xaneiro 2016
www.infomiño.com © 2014. Todos los derechos reservados. Cámara: Canon EOS 350d
Ver album de fotografías aquí    

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones