Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Especial - O XI Triatló da Amizade celébrase este domingo

Á cita acudirán preto de 200 deportistas de España e Portugal

Á cita acudirán preto de 200 deportistas de España e Portugal

Fecha: 16 de Septiembre de 2017

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

A presentación da proba tivo lugar este venres á mañá na Sala de Xuntas do Concello de Tomiño e contou coa presenza de André Silva, representante da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira; Víctor Costa, Vicepresidente da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira; Enrique Hidalgo, representante da Federación Galega de Triatlón; Ismael Troncoso, Concelleiro de Deportes do Concello de Tomiño e Sandra González, Alcaldesa do Concello de Tomiño.

A primeira proba sairá dende Goián ás 16:30 e consiste en 150 metros a nado, continuando con 20 quilómetros de proba de bicicleta en Vila Nova de Cerveira, e remata coa carreira de 5 quilómetros que levarán á liña de meta ás persoas participantes.

Entre as novidades deste ano, ofrécese a posibilidade de presentarse por equipos nunha categoría de relevos, onde participarán 2 o 3 persoas competindo cada unha nunha disciplina: nado, bicicleta ou carreira. Deste xeito, o Concello pretende popularizar e facer máis asumible o tríatlon a aquelas persoas que estean pensando en iniciarse neste deporte.

O Concello de Tomiño, quixo agradecer a colaboración da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, das Federacións Galega e Portuguesa de Triatlón, e por suposto a participación e axuda de ducias de persoas voluntarias que "coa súa impecable labor garanten o éxito da proba", afirmou Sandra González, Alcaldesa do Concello de Tomiño.

O Triatlon da Amizade é unha proba cunha traxectoria moi recoñecida a nivel europeo e xa consolidada dende hai anos no Concello de Tomiño, crecendo ano a ano en número de persoas participantes e en inversión económica.


Ao tratarse dunha competición deportiva transfronteiriza levada a cabo polos dous países da beira do Miño, converteuse nunha proba moi significativa e remarcable no calendario galego e portugués, fomentando a amizade e a veciñanza entre ambos países á vez que se promove a práctica de deporte ao aire libre.

   Fotos de Jorge Alonso Daldea
 

  Á cita acudirán preto de 200 deportistas de España e Portugal

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí