Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - PRESENTACIÓN DO CAMPIONATO DE GALICIA DE CONTRARRELOXO 2014 NO ROSAL

Celebraráse o Sábado 12 de Xullo a partires das 15:00h da tarde

A Praza do Calvario será o punto de partida e chegada para as diferentes categorías de competición

Fecha: 04 de Julio de 2014

Fuente: Infomiño.com

O Venres día 4 de Xullo de 2014, tivo lugar no Salón de Plenos do Concello do Rosal, a presentación do Campionato de Galicia de Contrarreloxo, un evento deportivo de alto nivel que se disputará o vindeiro Sábado día 12 de Xullo nos Concellos de A Guarda, O Rosal e Tomiño.

No acto de presentación estiveron presentes Isaac González, Presidente da Comunidade de Montes de Santa Mariña do Rosal; Gerardo Álvarez, Presidente do Clube Ciclista do Rosal; José Ramón Lete Lasa, Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia; Jesús Mª Fernández Portela, Alcalde do Rosal; Ricardo Terceiro, Xerente da Federación Galega de Ciclismo; José Manuel Domínguez Freitas, Alcalde de A Guarda; Daniel Benavide, Xefe Territorial de Deportes; así coma membros da corporación local e deportistas convidados.

O vindeiro Sábado 12 de Xullo a vila do Rosal será o epicentro do ciclismo, contando coa participación de importantes deportistas que se darán cita nesta proba que transcurrirá, na súa meirande parte, pola recentemente construída Via de Altas Prestacións, e que será inaugurada oficialmente días despois desta proba.

A Praza do Calvario será o punto de partida e chegada para as diferentes categorías de competición:

- Féminas Cadetes, Junior e Élite(percorrido de 12,5km)

- Junior

- Junior

- Élite(percorrido de 18,1km)

- Sub23

- Senior

- Master 30

- Master 40

- Master 50

- Master 60

A organización corre a cargo do Clube Ciclista do Rosal e da Federación Galega de Ciclismo, en colaboración cos tres concellos onde transcurrirá esta proba, a Comunidade de Montes de Sta. Mariña e outros organismos e casas comerciais.

Os participantes sairán dende a Praza do Calvario do Rosal en intervalos dun minuto.

O público poderá seguir esta proba dende diferentes puntos do percorrido, debendo respetar en todo momento as indicacións dos organizadores e voluntarios para o correcto desenrolo e disfrute deste evento.

Galería Fotográfica de Infomiño NoticiasFotos de Jorge Alonso Daldea

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones