Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - SESIÓN DE FITNESS NO PARQUE DE BIOSAUDABLES DO TAMUXE NO ROSAL

Celebrouse o pasado Venres día 30 de Maio a través do programa Eurorrexión Activa

Na clase fíxeronse exercicios cos aparellos do parque e ensinouse como usalos de maneira correcta co fin de sacarlles un bo partido a diario.

Fecha: 02 de Junio de 2014

Fuente: Infomiño.com

O pasado venres día 30 de maio de 2014, tivo lugar unha nova actividade do proxecto "Eurorrexión activa: vida saudable nos concellos da raia", un programa que busca mellorar a calidade de vida das persoas e fomentar a práctica deportiva, neste caso no Parque do Tamuxe no Rosal.
Na clase fíxeronse exercicios cos aparellos do parque e ensinouse como usalos de maneira correcta co fin de sacarlles un bo partido a diario.
O programa "Eurorrexión Activa: vida saudable nos concellos da raia" conta cunha ampla axenda de actividades para realizar desde este mes de maio e ata agosto, totalmente gratuítas, en concellos de ambos lados da fronteira. Así, haberá andainas, diversas master class, fitness nos parques saudables, paseos de BTT e diferentes conferencias en torno ao deporte e os beneficios do exercicio físico sobre a saúde. Trátase dun proxecto da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e a Unión Europea en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte e o Plan Galego para o Fomento da Actividade Física Galicia Saudable, que busca, a través da cooperación intermunicipal, promover hábitos de vida activa desde a infancia ata a vellez, traballando conxuntamente por un envellecemento máis activo e saudable.
Con esta serie de accións preténdese que a poboación galega e portuguesa incorpore a actividade física ao seu día a día. A dose mínima de exercicio para un bo estado de saúde segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS) é de 60 minutos ao día para os menores de idade e de 30 minutos ao día para os maiores de idade. 

Galería Fotográfica de Infomiño NoticiasFotos de Sara Carrera Coímbra

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones