Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - SUCESIÓN DE TEMPORAIS E BORRASCAS EN GALICIA

As alertas por fenómenos metereolóxicos adversos repítense case día a día dende que comezou o ano 2016

As alertas por fenómenos metereolóxicos adversos repítense case día a día dende que comezou o ano 2016

Fecha: 11 de Enero de 2016

Fuente: Infomiño.com

Dende inicios deste ano 2016 a sucesión de borrascas e temporais que azotan a costa galega teñen obrigado a activar diversas alertas por fenómenos metereolóxicos adversos, precipitacións abondosas, ondas de ata 7 metros e ventos de ata forza 8 xa se convirten en algo cotiá para os galegos.

Os equipos de emerxencias e brigadas provinciais teñen atendido centos de incidencias de toda índole relacionadas cos temporais, a maioría delas por asulagamentos, caídas de polas de árbores, arquetas e sumidoiros atascados, derrumbamentos e corrementos de terras.

 

As alertas por fenómenos metereolóxicos adversos repítense case día a día dende que comezou o ano 2016

Na Guarda a caída dunha árbore bloqueou a estrada entre o cemiterio e Salcidos, polo que foi preciso a intervención dos efectivos do GES de A Guarda para a súa retirada. A zona marítima encheuse de escuma afectando principalmente ó Puntal, ás praias do Carreiro, Fedorento e Area Grande.

No Concello de Tui a Ponte das Febres na parroquia de Ribadelouro continúa anegada pola augas tras as importantes choivas dos últimos días. Este tramo do Camiño de Santiago está inundado, e xa se realizou unha sinalización dunha ruta alternativa, informando aos peregrinos da situación. 

No Concello de Tomiño varios corrementos e derrumbamento terras afectaron á parroquia de San Salvador de Tebra e tamén na zona de Piñeiro á estrada PO-350 Hospital-Areas(onde se cortou a estrada durante unhas 3 horas), así coma balsas de auga en estradas na zona de Figueiró.

No Rosal e Oia o río Carballas-Tamuxe continúa a dar problemas asulagando algunhas zonas de Loureza  Fornelos, Arauxo, Urgal e As Aceñas, onde a auga salíuse do cauce do Río en varios puntos.

Tamén en Oia un derrumbamento de terras obrigou a  cortar temporalmente a estrada EP-2202, desprazándose ata alí unha patrulla da Guardia Civil de Tráfico e efectivos do GES de A Guarda, que retiraron os restos do derrube e balizaron a  zona.

O río Miño tamén aumentou significativamente o seu caudal con enchentas que afectaron a zonas de ribeira.

A situación no mar continúa a ser complicada e á frota pesqueira segue amarrada sen poder saír a faenar.

Outras incidencias

Na xornada do Sábado un incendio afectou a unha cociña anexa a unha vivenda no barrio de Mosteiro en Tomiño, ata o lugar desprazáronse efectivos de Protección Civil de Tomiño, GES de A Guarda e dúas dotacións de Bombeiros do Parque Comarcal de O Porriño.

Tamén en Tomiño un turismo colisionou contra un cabalo no lugar de Taborda na noite do pasado Sábado.

www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea
  Fecha: 9-10 Xaneiro 2016
www.infomiño.com © 2014. Todos los derechos reservados. Cámara: Canon A3500IS
Ver album de fotografías aquí    

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones