Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - TUI ACOLLE ACTIVIDADES NA PROGRAMACIÓN DO BICENTENARIO DO BISPO ROSENDO SALVADO

O acto pechouse cun breve concerto no que a pianista Andrea González interpretou tres pezas escritas por Rosendo Salvado.

O acto pechouse cun breve concerto no que a pianista Andrea González interpretou tres pezas escritas por Rosendo Salvado.

Fecha: 03 de Marzo de 2014

Fuente: Infomiño.com

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou no programa de actos institucionais do bicentenario do nacemento de frei Rosendo Salvado, e congratulouse da estreita colaboración acadada entre a diocese de Tui-Vigo, o Concello tudense, o Consello da Cultura Galega e mais a Xunta de Galicia, "un vencello creado desde a extraordinaria calidade intelectual e humana do prelado Rosendo Salvado", persoeiro do que destacou "a súa curiosidade para investigar en distintos campos do saber e crear lazos con pobos culturalmente moi distantes."

Logo do descubrimento dunha placa conmemorativa na casa natal do relixioso sobre as 18:30 horas, na que acudiron veciños de riomuíños, autoridades civís e eclesiásticas, e na que se leron unhas verbas a cargo de Emilia Rosende, a celebración do bicentenario trasladouse ao Teatro Municipal tudense onde se levou a cabo o acto institucional no que, ademais do propio conselleiro, participaron o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez; o bispo da Diocese de Tui-Vigo, Luís Quinteiro Fiuza; o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares Paz; e o comisario da mostra conmemorativa ‘Rosendo Salvado: o valedor do pobo aborixe', Francisco Díaz-Fierros, quen agradeceu a aportación a todos os colaboradores, especialmente a Avelino Bouzón. Rosario Álvarez Blanco, Vicepresidenta do Consello da Cultura Galega afirmou que o Padre Salvado foi o Bispo dos "sen alma", levando a nosa cultura ás antípodas, un naturalista, empresario agricultor e bo xestor, cun gran aprecio a outras culturas.

Para o alcalde de Tui, Sr. Moisés Rodríguez, as conferencias e exposicións contribuen  a coñecer ó bispo Salvado, excepcional referente do diálogo intercultural, auténtico guía de respeto.

O acto pechouse cun breve concerto no que a pianista Andrea González interpretou tres pezas escritas por Rosendo Salvado.

Para rematar, foi a visita á exposición ‘Rosendo Salvado: o valedor do pobo aborixe', organizada polo Consello da Cultura Galega e instalada na Sala de exposicións no edificio da Área Panorámica, a que serviu de colofón ao acto central nesta data que, ao ver do propio frei Rosendo Salvado, tiña unha importancia especial na súa vida. "O 1 de marzo é para min un día memorable por catro razóns: é o meu aniversario; é o meu santo; é o primeiro día que celebrei unha misa e é o día no que se fundou Nova Nursia", deixou escrito o frade bieito nunha carta de 1893.

Esta exposición, ambientada audiovisual, melodía aborígen e contidos didácticos. 20 paneis informativos con fotografías de Santos Salvado, irmán de Rosendo Salvado. Ademáis de obxectos que recrean a biografía de Rosendo e "peripecias" que pasou. A exposición se pode visitar do 1 ó 30 de Marzo na Sala de Exposicións doEdificio da Área Panorámica de Tui.

Bicentenario do bispo Rosendo Salvado
Cúmprense douscentos anos do nacemento na cidade de Tui de Lucas José Rosendo Salvado y Rotea, máis coñecido como frei Rosendo Salvado, relixioso e polígrafo de formación humanística que realizou unha importante labor de evanxelización e promoción igualitaria entre os aborixes australianos. A través da fundación da abadía de Nova Nursia (Australia), o relixioso foi un dos primeiros europeos que traballou en prol da defensa dos dereitos e a mellora de condicións de vida desta comunidade sita practicamente nas nosas antípodas.

"Desde o noso lugar -afirmou no seu relatorio Vázquez Abad-, nun mundo moi distinto, as condicións de viaxe nas que partiu este frade bieito podían causar desalento nos espíritos necesitados de seguridade, pero unha alma decidida a cumprir a súa misión estaba disposta a asumir o reto e a continuar, máis alá de calquera obstáculo que se lle presentase."

Galería Fotográfica de Infomiño Noticias

Fotos de Sara Carrera Coímbra

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones