Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - TUI ACOLLE ESTE SÁBADO A PRIMEIRA EDICIÓN DO CIRCUITO 12 HORAS BTT CIDADE DE TUI

Neste evento participarán arredor duns 100 ciclistas

O monte Aloia, no concello de Tui, acolle este sábado a primeira edición do Circuíto 12 Horas BTT Cidade de Tui

Fecha: 10 de Septiembre de 2015

Fuente: Infomiño.com

 

O monte Aloia, no concello de Tui, acolle este sábado a primeira edición do Circuíto 12 Horas BTT Cidade de Tui, na que se darán cita máis de 100 participantes. Trátase dunha disciplina de fondo federada e adaptada para ciclistas maiores de 15 anos, tanto en categoría masculina como feminina, que se disputará entre as 09:30 h. e as 21:30 h.

O "I Circuíto 12 horas BTT Cidade de Tui" está organizado polo Club MTB Aloia, en colaboración co Concello de Tui e a Federación Galega de Ciclismo. Á presentación acudiu o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de deportes de Tui, Laureano Alonso, o presidente do club MTB Aloia, José Carlos Vila, o director deportivo da proba, Diego Blanco, así como o ex-ciclista profesional, Ezequiel Mosquera.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, expresou o compromiso do Concello de apoiar este evento referente, do que asegurou que se farán máis edicións. O rexedor tamén quixo resaltar o carácter multidisciplinar da proba, que servirá para promocionar a cidade, ademais doutros puntos, como Pazos de Reis ou Frinxo.

O concelleiro de deportes, Laureano Alonso, explicou que para o Concello supón unha alegría presentar este circuíto, debido tanto ó seu carácter novidoso como á súa dificultade, dado que os ciclistas correrán ó longo de 12 horas.

O director deportivo da proba, Diego Blanco, deu conta de que o circuíto terá a súa sede na Macoca e nel poderán participar ciclistas a nivel individual, que percorrerán 140 quilómetros, ou ben facelo en equipos de 2, cunha distancia de 80 quilómetros, de 3, 60 quilómetros ou 4 membros, de 40.

Dende a organización dan conta que o circuíto está preparado para que participe todo tipo de público, e resultarán gañadores os que dean un maior número de voltas, de 8 quilómetros cada unha. Os dorsais daranse de 8 a 9 da mañá. Haberá agasallos para os gañadores de cada categoría e avituallamento.

O ex-ciclista Ezequiel Mosquera deu conta que ademais da parte competitiva, esta proba ciclista ten un compoñente de convivencia, e aquí é onde radica o éxito deste tipo de probas que se están popularizando.

As inscricións estarán abertas a calquera corredor, sexa federado ou non, ata mañá xoves día 10. O prezo para federados é de 15 euros, os non federados pagarán 20 e as mulleres teñen a inscrición de balde, co gallo de fomentar a súa participación.
O club organizador, MTB Aloia, ultima detalles para que este sábado, tanto os participantes como a comarca de Tui desfruten da gran cita, na que ademais de practicar deporte se poderá visitar a primeira Feira de Antigüidades que contará con máis dunha vintena de expositores.

www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea
  Fecha: 9 Setembro 2015
www.infomiño.com © 2014. Todos los derechos reservados. Cámara: Canon EOS 350d
     
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones