Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - Tui acolleu a V Gala do Deporte Tudense

Foi un evento dinámico, emotivo, de homenaxe e sobre todo a festa do deporte tudense.

Foi un evento dinámico, emotivo, de homenaxe e sobre todo a festa do deporte tudense.

Fecha: 26 de Noviembre de 2016

Fuente: Infomiño.com

Recoñecer o traballo dos deportistas, clubs, directivos.. no deporte local é o obxectivo da V Gala do Deporte Tudense que tivo lugar o pasado venres día 25 de novembro no Teatro Municipal de Tui.

Foi un evento dinámico, emotivo, de homenaxe e sobre todo a festa do deporte tudense. Comezou coa actuación do grupo Pelepau, con ritmos moi animados para entrar en escea polo centro do patio de butacas ata o escenario.
 
O director da RMT, José Font, foi o encargado de dar inicio a esta gala co recordo do día contra a Violencia de Xénero "loitar coa violencia machista é cousa de todos". De seguido un video con imaxes dos deportistas que fan posible esta Gala do Deporte en Tui.
 
Laureano Alonso, Concelleiro de Deportes fixo fincapé en todos os deportistas, familiares e institucións que fan posible que Tui estexa representada en todo o mundo con importantes galardóns a nivel galego, nacional e internacional, algo realmente difícil para ser unha cidade de menos de 20.000 habitantes.
 
Comezou a entrega de galardóns cunha Mención Especial a Comandancia Naval do Miño coma entidade colaboradora nos diferentes eventos que se realizan ó longo do ano en Tui.
 
GADISA recibíu o premio á firma comercial nesta V Gala do Deporte Tudense pola súa colaboración cos clubes e actividades deportivas da cidade.
 
O Premio Promesa masculina recaeu nas figuras de Adrián Malheiro(Piloto de karts) e Daniel Pérez(Padeeiro). En féminas o premio recaeu en Lucía Portela(Campo a Través) e Lara Feijóo(Padeeira).
 
O Clube PiragüismoPenedo recibíu un galardón na categoría de Promoción do deporte base.
 
Homenaxe a título póstumo a Ángel Barros, quen se iniciou no futbol co Tyde e mesmo creou un equipo de tenis de mesa.
 
Mención especial solidaria para o colectivo SOS Tomiño-Baixo Miño, entidade que traballa coas familias máis necesitadas da nosa comarca.
 
O premio ó Veterano femenino recaeu en Susana Fontán Verde(Tiro) e en masculino Enrique Míguez Gómez(Kayak).
 
O premio ó mellor clube deportivo foi para o Kayak Tudense, cunha longa traxectoria e galardóns a nivel galego, nacional e internacional.
 
Unha actuación de Hip Hop a cargo do grupo Matissando con coreografías de Adriana Ballesteros amenizou parte da velada para proseguir entregando os premios, e tiñan lugar a as Mencións honoríficas ós históricos tudenses: Antonio Giráldez, Lito Pintos, Juan Carlos Pintos, Salvador Iglesias(Vita), Antonia Romero e Dolores Pedrares.
 
Na categoría de deporte adaptado o premio recaeu en Raúl Mansinho Bernárdez, coa práctica de cross no Clube Deportivo do San Xerome de A Guarda.
 
O premio ós mellores adestradores recaeu unha vez máis nas figuras dos adestradores principais do Kayak Tudense, Esteban Alonso e Manuel Pedrares.
 
Na categoría deportista masculino o premio foi para o padeeiro Óscar Carrera Amandi(diploma olímpico 2016) e deportista femenina para Ana Varela, padeeira en k-4.
 
O alcalde de Tui sinalou o deporte coma unha das sinais de identidade da cidade de Tui, orgulloso de todos os deportistas tudenses e de todas as persoas que se atopan detrás deles e que fan posible acadar estes éxistos deportivos. Enrique Cabaleiro incidíu na importancia e colaboración prestada pola cidade veciña de Valença do Minho, coa que comparten a Eurocidade Tui-Valença, respaldando sempre os eventos deportivos. Tamén incidíu no respaldo institucional da Deputación de Pontevedra , que se materializa nunha aposta polas infraestructuras deportivas da cidade.
 
Foi Carmela Silva, a presidenta da Deputación de Pontevedra, a encargada de pechar esta V Gala do Deporte Tudense, destacando as sinerxias existentes entre Tui e Valença e o deporte coma unha unión de valores, traballo e esforzo, proba dunha sociedade avanzada. a presidenta da Deputación de Pontevedra qyixo destacar a ampla proporción de deportistas olímpicos que ten Tui, foito do esforzo de todas as persoas que participan e apoian ó deporte en Tui.
 
O Grupo Pelepau rematou cunha actuación realmente sorprendente que obrigou a facer un bis ante o clamor dos asistentes. Para finalizar e como manda a tradición todos os premiados posaron sobre o escenario para unha foto de grupo.
 

 

www.infomiño.com

Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea  
  Fecha: 25 de novembro de 2016

 

 
www.infomiño.com © 2016. Todos los derechos reservados. Cámara:

Canon EOS 350d

 

Haz clic en la imagen para ver la galería de fotos

Foi un evento dinámico, emotivo, de homenaxe e sobre todo a festa do deporte tudense.  

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones