Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - TUI HOMENAXEA OS SEUS DEPORTISTAS MÁIS DESTACADOS NA IV GALA DO DEPORTE TUDENSE

O pasado venres día 27 de novembro de 2015 celebrouse no Teatro Municipal de Tui a IV Gala do Deporte Tudense

O pasado venres día 27 de novembro de 2015 celebrouse no Teatro Municipal de Tui a IV Gala do Deporte Tudense

Etiquetas del contenido

Fecha: 28 de Noviembre de 2015

Fuente: Infomiño.com

O pasado venres día 27 de novembro de 2015 celebrouse no Teatro Municipal de Tui a IV Gala do Deporte Tudense organizada polo Concello de Tui ao través da Concellería de Deporte coa colaboración da Radio Municipal de Tui e a Concellería de Cultura.  

Nesta edición o acto estivo presentado polo director da Radio Municipal de Tui, José Font e as locutoras Bety Rey e Patricia.

O acto estivo amenizado por varias actuacións do grupo Odaiko Percusión e o grupo de rap Uniko.

O Concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, destacou o labor do xurado resaltando que este é un ano olímpico, no que se agarda que participen deportistas desta cidade. Animou ós deportistas tudenses a seguir traballando e loitando por participar en competicións, desexando  que o deporte en 2016 sexa "máis rápido, máis alto e máis forte".

Entre as mencións especiais a Joe Arlauckas, quen valorou moi positivamente a súa experiencia en Tui, coa organización do Campus de baloncesto que leva o seu nome. Tamén á firma comercial Froiz polo seu apoio ó deporte tudense.

O C.P.A Ribex foi condecorado pola promoción do deporte base na cidade de Tui.

En promesas se lle outorgou galardóns a Alfonso Domínguez Rodríguez(piragüísta) en masculino e a Silvia Leiras Estévez(Ski náutico e xogadora de balonmán) en femenino.

O momento máis emotivo da gala foi a mención honorífica a Eduardo Sousa(DEP), coa proxección dun video homenaxe á súa vida e con palabras dos seus allegados. Trala proxección do video o público se puxo en pé cunha ovación dun minuto de aplausos, entregándoselles un recordo ós seus fillos.

O premio deporte tudense foi para o proxecto Malí de Marcos Salvado, co que se logrou entregar 1000kg de equipación deportiva, nunha gran acción solidaria do deporte de Tui.

Na categoría veretana femenina o premio foi para Marisa Giráldez Rodríguez, que participa nunha gran cantidade de deportes, coma o baloncesto, tenis, badminton , golf... En veterán masculino o galardón foi para o judoka Avelino Martínez Rodríguez.

O Tyde FC foi a entidade deportiva galardoada, subindo ó escenario o seu presidente e os capitáns de cada categoría.

Na categoría de adestrador 2015 foi premiada Ana Rodríguez e Jaime Alfaya.

A futbolista Sara González Rodríguez recibíu o galardón a deportista tudense feminina, aínda que non poido estar presente, sendo o piragüísta Roi Rodríguez o que recolleu o premio en masculino.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, destacou que o deporte forma parte da proxección internacional da cidade de Tui, exportando talentos deportivos. Quixo destacar a labor do anterior Concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo Montes, por decidir crear esta gala para destacar ós deportistas tudenses, así coma os responsables técnicos da Concellería de Deporte e técnicos do Teatro pola súa incansable labor e traballo constante.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva foi a encargada de clausurar esta IV Gala do Deporte Tudense afirmando que o deporte "ensina a traballar en equipo e a gañar valores".

www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea
  Fecha: 27 Novembro 2015
www.infomiño.com © 2014. Todos los derechos reservados. Cámara: Canon EOS 350d
Ver album de fotografías aquí    

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones