Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL O EQUIPO -SOBRE 8 RUEDAS- FAISE CO PRIMEIRO POSTO DA FINAL 2 DA LIGA STREET HOCKEY CELEBRADA NA GUARDA

Participaron equipos de A Guarda, Ourense, Zamora, Valladolid e Madrid

A Guarda Hockey Liña en terceiro posto, Urracas no cuarto posto e Ranitas no quinto posto

Fecha: 23 de Marzo de 2014

Fuente: Infomiño.com

A pasada fin de semana A Guarda acolleu a Final da Liga Nacional de Street Hockey correspondente a Liga 2, competición deportiva na que participou o equipo local A Guarda Hockey Liña quedando no terceiro posto.

O ano pasado entrouse en contacto con varios Clubes e asociacións de Castela en eventos de patinaxe, principalmente de Freestyle Slalom. Estes contactos derivaron en que a organización da daquela denominada Liga de Street Hockey Interregional (LSHIR) convidase ó Clube guardés a participar desta iniciativa.

Pese a inexperiencia na disciplina, agás nos primeiros anos o equipo somentes xoga ó hockey liña (con puck), a Directiva e corpo técnico de A Guarda Hockey Liña decidiu a sua inscripción na Liga. Visitáronse as cidades de Valladolid, Renedo de Esgueva (Valladolid) e Zamora desenvolvendo un xogo moi vistoso e somentes sendo superados na Liga Regular polo equipo madrileño Jardines Zen, sen embargo na derradeira xornada, desenvolta co gallo do Día do Patín de Zamora, o equipo guardés impuxose na Final Four onde se viron obrigados a amosar a sua mellor e mais versátil cara.

Na edición de este ano a organización fixo a proposición de xogar a Liga con outro formato e nomeala Liga Nacional de Street Hockey, debido en grande parte ó elevado interés amosado por varios equipos en participar. Pese a grata experiencia da edicion 2012-2013 a Directiva de A Guarda Hockey Liña optou en un primeiro momento por non inscribir ó equipo na competición, debido en grande parte ós elevados custes dos desprazamentos da edición anterior. Tralos primeiros contactos coa organización acordouse crear dous grupos: un en Galicia e outro en Castela para dilucidar duas Ligas (Liga 1 e Liga 2); en cada conferencia enfrontaríanse tódolos equipos pasando a xogar os primeros a Liga 1 e os segundos a Liga 2, estudiadas as opcións e vendo que o custe víase claramente reducido A Guarda Hockey Liña decide inscribirse na Liga cun combinado formado pola plantilla infantil e os dous técnicos do equipo, vendo en esta opción unha boa oportunidade de que ós mais novos do equipo se rodasen.

Con este equipo o equipo guardés acudiu o pasado  mes de decembro á cidade da Coruña onde se enfrentou ós equipos Vigo Blue Ringed de Vigo, Morcegos de Ourense e Alquimia Inline de A Coruña, organizadores da Sede; o equipo guardés venceu somentes un dos seus encontros, debido en boa parte ós nervios e inexperiencia d@s xogador@s. Con este resultado o equipo da Guarda clasificouse para a Liga2 que se ven de celebrar esta pasada fin de semana no pabillón do Ceip As Solanas de A Guarda.

Nesta ocasión A guarda Hockey liña tivo a oportunidade de enfrontarse ós Morcegos de Ourense, Urracas de Zamora, Sobre8ruedas de Madrid e Ranitas de Renedo de Valladolid.

O claro predominio do conxunto madrileño "Sobre 8 Ruedas", cunha media de 5 goles por partido, os levou a encabezar o primeiro posto, seguido polos Morcegos en segundo lugar, A Guarda Hockey Liña en terceiro posto, Urracas no cuarto posto e Ranitas no quinto posto.  

RESULTADOS 

PARTIDOS SÁBADO 22 DE MARZO

15:00 AGHL vs MORCEGOS 1-1

16:00 AGHL vs  URRACAS 1-1
17:00 MORCEGOS vs URRACAS 3-0
18:00 MORCEGOS vs S8R 0-5

19:00 AGHL vs RANITAS 2-1
20:00 S8R vs URRACAS 6-1
21:00 MORCEGOS vs RANITAS 2-1

PARTIDOS DOMINGO 23 DE MARZO

9:00 AGHL vs S8R 1-5
10:00 URRACAS vs RANITAS 0-0
11:00 S8R vs RANITAS 4-0

Galería Fotográfica de Infomiño NoticiasFotos de Jorge Alonso Daldea e Belén Domínguez Carrera

LIGA NACIONAL STREET HOCKEY 22-23 MARZO 2014 A GUARDA

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones