Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Esta fin de semana celébrase en Tui a III Feira do Peregrino

Tui foi o punto escollido por 6.825 persoas para iniciar o percorrido do Camiño Portugués de Santiago entre xaneiro e xuño deste ano

Tui foi o punto escollido por 6.825 persoas para iniciar o percorrido do Camiño Portugués de Santiago entre xaneiro e xuño deste ano

Fecha: 07 de Julio de 2018

Fuente: Concello de Tui

Tui foi o punto escollido por 6.825 persoas para iniciar o percorrido do Camiño Portugués de Santiago entre xaneiro e xuño deste ano. Cada día os peregrinos, das máis diversas procedencias, percorren as rúas tudenses camiño de Compostela. Esta fin de semana a cidade celebra a III Festa do Peregrino organizada por ACITUI, a Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, coa colaboración do Concello de Tui.

A praza de San Fernando, onde está situada a Catedral, será o eixo central das actividades programadas con carácter divulgativo e festivo coma mostra de agradecemento ao peregrino universal pero tamén de posta en valor do Camiño de Santiago ao seu paso pola cidade e do importante papel que xoga en moi diversos ámbitos, dende o turístico, o cultural, o económico... Durante a fin de semana haberá feira de artesanía, obradoiros infantís gratuítos e exposicións.

O alcalde, Carlos Vázquez Padín, será o sábado ás 12h, na praza de San Fernando, o encargo da inauguración da feira, tendo lugar a continuación a lectura do pregón a cargo de Mª Victoria Álvarez, presidenta da Asociación Iacobus Tui. Tanto o sábado como o domingo ao mediodía están previstas charlas sobre o Camiño a cargo da Asociación de Amigos do Camiño de Galicia, e mañá ás 19h celebrarase na igrexa das Clarisas a Misa do Peregrino, oficiada por D. Fernando Cerezo, rector do Seminario Menor.

Os grupos folclóricos O Mosteiro de Pexegueiro, Xuntanza de Randufe, Santa Columba de Ribadelouro e Nosa Terra de Pereiras de Mos achegarán unha boa mostra da música tradicional ao longo da xornada de mañá sábado. Mentres Baobab Teatro presentará a o espectáculo de contacontos e monicrequestes "Contos para un caldiño" ás 20h, dirixido a público familiar. A xornada pecharase cunha queimada, con conxuro ás 23h.

O domingo os grupos Lóstregos e Saragana da Asociación Xuvenil e Cultural do Traxe de Tui, as pandereteiras A Noira, o grupo A Nosa Terra de Mos, e Asocirco ofrecerán actuacións ao longo da xornada. A feira será clausura a última hora do domingo polo xerente da S.A. Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela.

Co gallo desta III Feira do Peregrino ACITUI editou un libro con información sobre as etapas do Camiño Portugués, e coa historia desta ruta xacobea. Este evento será solidario cos afectados de Paramos.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí