Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESTE DOMINGO AGÁRDASE A MILES DE PERSOAS NA CABALGATA INTERNACIONAL DA EUROCIDADE TUI-VALENÇA

Os magos de Oriente sairán ás cinco dende Valença en magníficas carrozas. ÁS 19h chegarán ao céntrico Paseo da Corredoira en Tui

Fecha: 04 de Enero de 2014

Fuente: www.concellotui.org

Todo está preparado para a celebración este domingo, 5 de xaneiro, da Cabalgata Internacional de Reis organizada polo Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença no ámbito da Eurocidade. Preto de 200 persoas participarán na comitiva dos Reis Magos que partirá ás 17 hora española dende o Albergue de San Teotonio en Valença do Miño.

Os Reis Magos Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán en tres magníficas carrozas xunto cos seus paxes, acompañados doutras catro carrozas das asociacións culturais de Baldráns, Guillarei, Malvas e Randufe, e da carroza da Cámara Municipal de Valença. A parte musical corresponde á Rondalla do Centro Cultural "O Mosteiro" de Pexegueiro.

A Cabalgata pasará pola Avenida dos Bombeiros, a rotonda da Trapicheira e a Avenida de España en Valença. Atravesará entorno ás 18h a vella Ponte Internacional e continuará pola Avenida de Portugal, as rúas Martínez Padín, Augusto González Besada e Paseo da Corredoira. Está previsto que ás 19h chegue ata o Cantón de Diómedes, onde Melchor, Gaspar e Baltasar darán lectura a súa mensaxe real e farán a súa ofrenda no Portal de Belén. A continuación recibirán a todos os nenos que desexen saudalos, ata ás 21h, agasallándoos con globos e caramelos.

Durante todo o percorrido e na Corredoira a comitiva real repartirá 1.350 quilos de caramelos aptos para celíacos.

Mentres agardan aos Reis Magos os cativos poderán disfrutar entre ás 18 e ás 20h da presenza de Mickey e Minie Mouse na Praza da Inmaculada.

O feito de que a véspera de Reis coincida en domingo fai agardar que miles de persoas se acheguen ata Tui para recibir aos Reis Magos.

A Concellería de Educación e Cultura do Concello de Tui xunto á Cámara Municipal de Valença organiza esta cabalgata na que colaboran a Policía Local, Protección Civil, a Garda Nacional Republicana, o Centro de Cooperación Policial e Aduaneiro, o grupo Scouts Alhoia, os Bombeiros Voluntarios de Valença, diferentes departamentos do Concello, e as asociacións culturais de Baldráns, Guillarei, Malvas, Randufe e Pexegueiro.

Pola mañá visitarán aos maiores que viven nas Residencias Paz e Ben e San Telmo
Previamente pola mañá os Reis Magos visitarán as Residencias Paz y Bien (ás 10h) e San Telmo (ás 11.30h) acompañados pola Rondalla "O Mosteiro" do Centro Cultural de Pexegueiro.

Cabalgata Internacional de Reis
Data: Domingo, 5 de xaneiro.
- Ás 17h saída dende Valença
- Ás 18h cruce da vella Ponte Internacional
- Ás 19h chegada ao Paseo da Corredoira en Tui

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones