Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Este domingo baterase récord de participación no Campionato de Galicia de Fondo en Estrada Máster de Ciclismo en Tui

A saída será ás 10.30 h dende o Paseo da Corredoira e os ciclistas pasarán dúas veces polo coñecido -muro de Tui- na rúa Bispo Lago

A falla dunhas horas para pechar a inscrición supéranse xa os 180 inscritos cando o límite está establecidos nos 200 ciclistas.

Fecha: 27 de Julio de 2019

Fuente: Concello de Tui

Este domingo baterase récord de participación no Campionato de Galicia de Fondo en Estrada Máster. A falla dunhas horas para pechar a inscrición supéranse xa os 180 inscritos cando o límite está establecidos nos 200 ciclistas.

A proba sairá este domingo, 28 de xullo, ás 10.30 h do Paseo da Corredoira onde estará situada tamén a liña de meta. Os corredores terán que realizan 80 quilómetros nun circuíto establecido que os levará até Guillarei, Salvaterra, As Neves, Ponteareas, e regreso a Tui, onde no quilómetro 66.5 terán que afrontar o coñecido coma o "muro de Tui" que o ascenso pola rúa Bispo Lago até a Corredoira, para continuar por Areas, o Alto do Matelo, e San Antoniño, e regresar de novo ao centro urbano, para xa a poucos metros da liña de meta volver subir pola rúa Bispo Lago, polo que o tramo final será moi espectacular.

Este Campionato de Galicia de Fondo en Estrada Máster de Ciclismo foi presentado esta mañá na casa do concello polo concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, o presidente e secretario do Club Ciclista de la Fuente, Dean Flecher e Xavier Martínez, así como o presidente e o responsable técnico da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz e Guillermo Sande.

Rafael Estévez, concelleiro de Deportes, agradeceu ao Club Ciclista de la Fuente o seu traballo e a celebración desta destacada proba en Tui.

Dean Flecher, presidente do Club Ciclista de la Fuente, explicou que este campionato é unha carreira de referencia na que participarán ciclistas máster 30, 40, 50 e 60 con licenza federativa.

Mentres Juan Carlos Múñiz, presidente da Federación Galega de Ciclismo, apuntou que este campionato é unha das probas máis importantes do calendario galego, que conta cun percorrido espectacular e que baterá récord de participación dunha proba de ámbito galego. Isto dicía reflicte que "aquí as cousas se fan ben e que é un bo percorrido".

Restricións no tráfico
Debido á celebración desta proba deportiva haberá cortes de tráfico momentáneos nas rúas por onde transcorre, polo que se solicita a colaboración e comprensión dos usuarios destes viais. Amais non se poderá estacionar ata ás 13.30 h nas rúas Calzada, Antero Rubín, Coengo Valiño e Bispo Lago, nin na rúa Casal Aboy no tramo entre a rúa Colón e a rúa Compostela.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones