Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESTE DOMINGO CELÉBRASE EN TUI O CAMPIONATO PROVINCIAL XOGADE GRUPOS SHOW DE PATINAXE

Campionato Provincial Xogade Grupos Show de Patinaxe, que se celebrará este domingo 10, a partir das 18.15h horas, no novo pavillón deportivo municipal de Tui.

Campionato Provincial Xogade Grupos Show de Patinaxe, que se celebrará este domingo 10, a partir das 18.15h horas, no novo pavillón deportivo municipal de Tui.

Fecha: 09 de Mayo de 2015

Fuente: www.concellotui.org

O pasado Venres ás 12h tivo lugar na sala de reunións do Concello de Tui, a presentación do Campionato Provincial Xogade Grupos Show de Patinaxe, que se celebrará este domingo 10, a partir das 18.15h horas, no novo pavillón deportivo municipal de Tui. A actividade está organizada polo Club Patinaxe Artístico Ribex de Tui, en colaboración co Concello de Tui e a Federación Galega de Patinaxe, dentro do programa Xogade de Deporte Galego da Xunta de Galicia.

Na mesma estiveron presentes o tenente alcalde, José Ángel Villaverde, o xefe do servizo de Deportes da Xunta de Galicia en Pontevedra, Daniel Benavides e os responsables do Club de Patinaxe Ribex, Carolina Figueroa e Santiago Alonso.

O tenente alcalde do concello de Tui, José Ángel Villaverde, felicitou ao Club Ribex por organizar este evento e quixo convidar aos tudenses e aos cidadáns doutras vilas que acudan este fin de semana á Tui, xa que ademais do Campionato Provincial de Patinaxe se celebrará a Feira de Artesanía.

Carolina Figueroa, responsable do Club Ribex, explicou que o campionato consta de dúas categorías. Deste xeito, na infantil patinarán 3 grupos pequenos e 1 grande e na de primaria participarán 7 grupos pequenos e tamén un grande. Os grupos grandes están formados por máis de 16 patinadores e os pequenos con equipos a partir de 6.

No Campionato provincial Xogade de patinaxe participarán preto de 100 nenos e nenas pertencentes a equipos de Tui, Redondela, Porriño, de Vigo e de Soutomaior.

O xefe do servizo de Deportes da Xunta de Galicia en Pontevedra, Daniel Benavides, quixo agradecer ao Concello de Tui o seu bo facer xestionando eventos deportivos. Apuntou que se debe seguir apostando por estas competicións, que supoñen en moitos casos a primeira vez que os cativos actúan en directo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones