Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESTE DOMINGO CELÉBRASE O II CAMPIONATO IBÉRICO DE KUNG FU EUROCIDADE TUI-VALENÇA

Ademais da competición, este sábado pola tarde realizaranse obradoiros técnicos gratuítos nos pavillóns municipais de Valença do Minho

Nas modalidades participarán preto de 400 deportistas, chegados de Galicia, Portugal e de seis autonomías de España

Fecha: 27 de Junio de 2015

Fuente: www.concellotui.org

O pasado mércores ás 12.15h, no Salón de Plenos do Concello de Tui, tivo lugar a presentación do II Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade, organizado pola Eurocidade Tui-Valença e a Federación Galega de Kung Fu. A competición disputarase este domingo 28 de xuño, dende as 10.30h, no novo pavillón deportivo municipal de Tui.

Na presentación ante os medios estiveron o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, os concelleiros de deportes de Tui e Valença, Laureano Alonso e José Monte, o concelleiro da Eurocidade, Miguel Ángel Capón Rey, o presidente da Federación Galega de Kung Fu, Carlos Alonso, o director do Comité Organizador do Campionato, Eduardo Méndez Sanjurjo e os responsables dos Departamentos de Kung Fu moderno e de Tai chi, Aarón Blanco e José Antonio Parada respectivamente.

A programación que rodea o Campionato de Kung Fu é moi variada. Así, este sábado haberá obradoiros técnicos totalmente de balde para quen estea interesado, nos pavillóns municipais de Valença. De 17h a 18h impartirase un curso de defensa persoal integral e de 18.15h a 19.15h un obradoiro de defensa persoal feminina. As horas de realización das actividades son españolas. Os interesados poderán inscribirse no Ximnasio Di- Som Tui no teléfono 986 601 563 ou en info@disomtui.com

Este domingo é a quenda do II Campionato Ibérico de Kung Fu tradicional e moderno, que se disputará dende ás 10.30h no pavillón deportivo municipal. Nel participarán arredor de 400 deportistas, procedentes de Galicia, Portugal e de seis autonomías de España.

A entrada ao pavillón de Tui é gratuíta. Deste xeito, ata ás 13h desenvolveranse as diferentes modalidades deportivas en tres zonas de competición, dependendo das categorías. A continuación, e unha vez rematadas as probas, farase entrega de trofeos e medallas aos vencedores.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, quixo agradecer o labor da Eurocidade e de Eduardo Méndez Sanjurjo, organizador do Campionato
O II Campionato Ibérico de Kung Fu está organizado pola Eurocidade Tui-Valença e pola Federación Galega de Kung Fu. Colabora, a Xunta de Galicia, Deporte Galego, Galicia Saudable e Di- Som Tui.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones