Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Este domingo Homenaxe ás Vítimas de Sobredo en Tui

O acto de homenaxe ten lugar ao pe do Monumento aos Mártires, da autoría do escultor Camilo Nogueira

O acto de homenaxe ten lugar ao pe do Monumento aos Mártires, da autoría do escultor Camilo Nogueira

Etiquetas del contenido

Fecha: 27 de Noviembre de 2021

Fuente: Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo- IEAMSO

Hai 99 anos, no 28 de novembro do ano 1922, no lugar de Sobredo (Guillarei - Tui) cando a Garda Civil disolveu a tiros unha concentración de labregas e labregos, tres persoas: CÁNDIDA RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, de Pazos de Reis (Tui); VENANCIO GONZÁLEZ ROMERO, de Budiño (Salceda); e, JOAQUÍN ESTÉVEZ BESADA, de Soutelo (Salceda); quedaron mortas e varias resultaron feridas;  participaban nun acto solidario de apoio a un veciño de Sobredo que ia ser embargado por non pagar rendas de Foros.

Do papel protagonista da muller nas loitas sociais, de comezos do século XX dá testemuñado o seu martirio en moitas da traxedias desencadeadas pola represión, exercida nesa altura; tentando por freo a rebeldía contra a inxustiza. Ramón Cabanillas deixa constancia dese feito e honra á muller galega na persoa de Cándida Rodríguez, vítima nos sucesos, no poema “Sobredo” (Da terra asoballada, 1926):

 !Nai galega que diche a sangue xenerosa

para calmar a sede rabiosa da impiedade,

nos agros de Sobredo frorecéu unha rosa!

!Ardente e sanguiñenta,  agoira Libertade!

Sobredo, dende ese momento, forma parte na memoria colectiva como símbolo e lugar no que a sociedade labrega galega é martirizada; unha sociedade agraria que loitaba pola plena propiedade da terra; único medio de sustento, nunha época de penuria e carencias ás que se trataba dar remedio coa emigración, naquela época a América; quedando as mulleres ao cargo da casa e familia.

O acto de homenaxe ten lugar ao pe do Monumento aos Mártires, da autoría do escultor Camilo Nogueira; obra levantada no décimo aniversario, en novembro de 1932; e dinamitada en xullo do 1936, nos primeiros días do golpe de estado franquista. Coa recuperación da memoria dos feitos, dende 1986 e reconstrución do monumento, en 1988, por iniciativa de entidades veciñais (asociacións de veciños, asociación culturais, comunidades veciñais de montes), realízase anualmente o acto conmemorativo aos Mártires de Sobredo.

Neste ano 2021, no domingo 28 de novembro, os actos desenvolveranse de acordo ao seguinte PROGRAMA:

11,00 CONCENTRACIÓN - CARBALLEIRA DE SOBREDO

11,30 DESPRAZAMENTO ATÉ O MONUMENTO

12,00 PRESENTACIÓN DO ACTO E INTERVENCIÓNS:

SAÚDA; representación do IEAMSO.

Intervencións de:

MARTA DACOSTA ALONSO. Poeta

RAMÓN VARELA DÍAZ. Biólogo  e ecoloxista

13,30     OFRENDA FLORAL NO MONUMENTO

CLAUSURA DO ACTO. GRUPO DE GAITAS “FOLIEIROS”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones