Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Este domingo terá lugar a VI Eurocidade 10

A inscrición está aberta ata o mércores, 7 de xuño. Agardan 400 atletas.

A inscrición está aberta ata o mércores, 7 de xuño. Agardan 400 atletas.

Fecha: 10 de Junio de 2017

Fuente: Concello de Tui

O domingo, 11 de xuño, celebrarase a sexta edición da Eurocidade 10 organizada polo Club Atletismo Tui Thermalia e a Eurocidade Tui-Valença. A saída será ás 11h hora española carón da vella Ponte Internacional en Valença ao onde regresarán os participantes tras completar o percorrido de 10 quilómetros polas murallas de Valença, a propia Ponte, a beira do Miño e o conxunto histórico de Tui. Os primeiros atletas prevese que empreguen entorno a 30 minutos para completar o percorrido entre os dous países cun percorrido nun entorno natural e patrimonial único. A inscrición está aberta ata o mércores, 7 de xuño, en Champion Chip Norte cun prezo de 4€, dos que parte serán doados a unha entidade social.

A proba foi presentada esta mañá polo alcalde accidental de Tui, Miguel Capón Rey, os responsables de Deportes de Tui e Valença, Laureano Alonso e José Monte, e polo presidente do Club Atletismo Tui Thermalia, Rafael Pérez.

Miguel Capón Rey destacou que esta proba aglutina deporte e saúde nun marco único que se presta para esta actividade, e que serve ao tempo para promocionar a Eurocidade Tui-Valença. Laureano Alonso, concelleiro de Deportes de Tui, apuntou o triple carácter desta proba popular que aglutina nun mesmo evento deporte, solidariedade e turismo. Mentres o vereador de Desporto de Valença, José Monte, salientou que a presentación deste evento inicia a promoción do mesmo para atraer a atletas a unha proba que atravesará a vella Ponte Internacional entre Portugal e España.

Rafael Pérez, presidente do Club Atletismo Tui, salientou que a Eurocidade 10 vaise consolidando no calendario galego. Haberá catro categorías sub 23, senior, veteranos A e veteranos B. Por segundo ano establécense premios en metálico para os gañadores absolutos da categoría masculina e feminina de 150€, 100€ e 50€ para o primeiro, segundo e terceiro respectivamente. Sinalou amais que agardan reunir a 400 atletas nesta competición o próximo 11 de xuño.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones