Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESTE DOMINGO VI ANDAINA POLA PROTECCIÓN DA SERRA DO GALIÑEIRO

Domingo 17 de Abril de 2016

O domingo 17 de abril temos unha cita con vós.

Fecha: 16 de Abril de 2016

Fuente: Plataforma pola Protección da

Amigas e amigos de Galiñeiro: o tempo meteorolóxico danos un avelo para celebrarmos a nosa VI Andaina pola protección da Serra do Galiñeiro! Así que este domingo 17 de abril ás 10.30 da mañán esperámosvos en Prado - Morgadáns - Gondomar. Adxunto vai o cartaz co percorrido, e os actos que celebraremos ao rematar o paseo podedes velos na nosa web www.serradogalinheiro.org .

O lugar onde vos convocamos expresa moi ben o carácter da paisaxe cultural e natural da serra do Galiñeiro, unidas indisolublemente entre si: Os prados e socalcos agrícolas de Vilas e Prado, formas inmemoriais de xestión e conservación dos solos, os rabaños de cabras e ovellas de monte que aínda perviven, ou as últimas e a cada vez máis reducidas mandas de cabalos salvaxes moldeando os matos e panasqueiras da serra, confírenlle un carácter singular a estas terras e montes. Usos tradicionais que resultan de vital importancia para a conservación dos valores ambientais da serra, que deberán ser preservados e promovidos dende a Administración o día que esta acade por fin a protección legal que merece.

Sabede que ademáis das agresións cotías que a serra está a sufrir en forma de pistas, depósitos de entullos, vehiculos a motor, ruido, alteracións dos diferentes hábitats etc etc, sigue a pender sobre ela a posibilidade dun polígono eólico e unha explotación mineira.

Fronte a estas e outras ameazas chamámosvos a vós, e ás organizacións da sociedade civil que cren nunha serra do Galiñeiro protexida, a salvo das atrocidades da propia poboación e a salvo dos intereses especuladores sen fronteiras nin conciencia, que ameazan con engrosar a súa conta de beneficios deixando tras de si un rasto de desolación ambiental irrecuperable.

Esta serra precisa de persoas e asociacións que traballen por unha serra do Galiñeiro onde non teñan entrada faraónicos megaproxectos que empequenecen o patrimonio de todos/as. Esta serra precisa de quen cre na conservación e restauración dos valores naturais e culturais. Galiñeiro necesita de quen loite pola explotación sustentable dos seus recursos naturais, necesita a aqueles e aquelas que xeran riqueza de maneira horizontal na poboación local.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones