Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Este luns cumpríronse dous meses da explosión no barrio da Torre en Paramos

Este xoves vai a pleno a bonificación do 95% do ICIO aos afectados

Este xoves vai a pleno a bonificación do 95% do ICIO aos afectados

Fecha: 24 de Julio de 2018

Fuente: Concello de Tui

Este luns cúmpríronse dous meses da explosión de material pirotécnico nun almacén ilegal no barrio da Torre en Paramos. Un suceso que causou dúas mortes, as de Abdelkhalek el Bouabi Hailas e Ezzoura Bouadel, 37 persoas feridas, e preto de 800 afectados.

A día de hoxe no Centro de Afectados, no Centro de Formación en Guillarei hai abertos 417 expedientes polos danos causados pola explosión, dos que máis de 300 se refiren a vivendas con moi diversa afectación e preto de 70 vehículos.

Na zona cero, cunha superficie de 45 mil metros cadrados, comezou o pasado 3 de xullo a primeira fase de actuacións urxentes coa retirada do amianto, e de cargas sobre os forxados. Até o hoxe téñense enviado ao 36 toneladas de amianto ao vertedoiro autorizado, e hai outras 60 toneladas ensacadas i encapsuladas pendentes de envío. Estes labores avanzan ao ritmo previsto e se agarda que poidan estar concluídos no prazo dun mes. Precisamente esta semana está realizándose xa tamén a retirada do amianto fóra da zona cero.

Os propietarios das vivendas afectadas en zona cero teñen acudido nas últimas xornadas, xunto ao xerente urbanístico e técnicos, ao lugar onde se lles explicou a situación na se atopa a súa propiedade, e nalgúns casos puideron recuperar algún obxecto ou documentación. De forma paralela estase a traballar na redacción do proxecto de desentullo total da zona que podería estar rematado a finais de agosto.

No Centro de Afectados segue a canalizarse toda a información e xestións cos afectados, facéndose fincapé en que aquelas persoas que sufriron algún dano coma consecuencia da explosión do pasado 23 de maio, independentemente da importancia do dano sufrido e de se contan ou non con seguro, se inscriban antes do martes, 31 de xullo ás 20h, no centro para figurar coma afectado.

No que resta deste mes de xullo o Centro de Afectados abre de luns a venres de 9 a 14h e os martes e xoves de 16 a 20h. Xa en agosto abrirá só de luns a venres de 9 a 14h. Cómpre lembrar que un avogado experto en seguro segue a asesorar aos afectados os xoves de 16 a 20h durante este mes.

Precisamente para explicar aos veciños a situación actual o alcalde, Carlos Vázquez Padín, manterá este sábado, 28 de xullo, ás 10.30h no Centro Cultural de Guillarei unha nova reunión cos afectados pola explosión.

O alcalde, Carlos Vázquez Padín, cando se cumpren dous meses da explosión, salienta os pasos que se teñen dado. Lembra así o compromiso do goberno central para facerse cargo do desentullo, e das axudas concedidas pola Xunta que se están a tramitar. Avanza tamén que ao pleno ordinario deste xoves da corporación municipal de Tui lévase a bonificación do 95% do ICIO, o Imposto de Construcións e Obras para os afectados de Paramos e Guillarei. Por outra parte agarda que en agosto se poida incorporar ao Centro de Afectados novo persoal tanto na parte urbanística coma de servizos sociais. Porén Carlos Vázquez Padín recoñecía que por diante quedan moitos retos, sobre todo no eido urbanístico. Amosábase moderadamente satisfeito co traballo feito ate o de agora pola "súa eficacia, nivel de transparencia e polo contacto permanente cos veciños afectados", ao tempo que recoñecía que para unha administración pequena coma o Concello de Tui está a supor un esforzo importante.
 
Entrega dos fondos recadados inicialmente na conta aberta en ABANCA á asociación de Afectados de Paramos e Guillarei

Mañá martes, 24 de xullo, ás 10h na Notaría de Tui, o Concello de Tui estará na entrega do cheque cos fondos recadados inicialmente cos fondos na conta aberta por ABANCA a instancias do Concello para os afectados pola explosión de Paramos.

Estarán presentes o alcalde, Carlos Vázquez Padín, os representantes da asociación de Afectados de Paramos e Guillarei, e de ABANCA en Tui.
Cómpre lembrar que existe unha Conta Solidaria aberta a nome da asociación de afectados en Abanca co número ES80 2080 5066 7330 4003 5840.
Reunión informativa cos afectados de Paramos e Guillarei o sábado 28 de xullo
 
O alcalde, Carlos Vázquez Padín, manterá este sábado, 28 de xullo, ás 10.30h no Centro Cultural de Guillarei unha nova reunión cos afectados pola explosión do pasado 23 de maio no barrio da Torre en Paramos.
 
O obxectivo da reunión é informar aos veciños dos pasos que se van dando para recuperar a zona afectada pola explosión, ao tempo que se busca tamén manter un diálogo fluído con eles e coñecer de primeira man as súas inquedanzas. Na reunión estará acompañado polo xerente urbanístico Rubén Vázquez, e pola traballadora social, Carmen González.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí