Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Este martes celébrase en Tui a mesa redonda -A violencia de xénero. Prevención, atención e protección-

Forma parte do programa de actividades organizado polo Concello de Tu con motivo do 25N

Forma parte do programa de actividades organizado polo Concello de Tu con motivo do 25N

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Noviembre de 2022

Fuente: Concello de Tui

Dar a coñecer os recursos a dispor das posibles vítimas e da sociedade ante un caso de violencia machista é o obxectivo da mesa redonda que se vai celebrar martes, 22 de novembro, ás 19 h na sala prensa, no primeiro andar do edificio Francisco Sánchez dentro do programa de actos do 25N.  Baixo o título de “A violencia de xénero. Prevención, atención e protección” na mesma abordarase a atención e asesoramento multidisciplinar ás vítimas, os protocolos de protección e os recursos públicos. Participarán representantes dos equipos VIOXEN da Garda Civil e da Policía Local,  a coordinadora dos Servizos Sociais Municipais, e unha avogada especializada na atención a mulleres vítimas de violencia de xénero.

 

Programa

  • Venres, 18 de novembro, ás 11.30 h, na casa do concello de Tui
    • Pleno infantil: a violencia de xénero a debate polos nenos e nenas dos centro educativos do concello de Tui.
  • Martes, 22 de novembro, ás 19.00 h no edificio Francisco Sánchez
    • Mesa Redonda: “A violencia de xénero. Prevención, atención e protección” Abordaremos: A Atención e asesoramento multidisciplinar ás vítimas. Os Protocolos de protección e os Recursos públicos.
    • Interveñen:
  • Representante da equipa VIOXEN da Garda Civil
  • Representante da equipa Vioxen da Policía Local de Tui
  • Coordinadora Servizos Sociais municipais
  • Avogada de atención a mulleres vítimas
  • Xoves, 24 de novembro.
    • Charla informativa sobre “Agresións sexuais e violencia sexual” para o alumnado de 2º da ESO do Instituto Indalecio Pérez Tizón.
    • Monólogo “En pé de Igualdade” con Arantxa Treus e Marta Doviro para o alumnado de bacharelato e ciclos formativos dos IES San Paio e Indalecio Pérez Tizón.
    • Lectura de declaración institucional no pleno da corporación municipal e constitución plenaria da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero.
  • Venres, 25 de novembro, ás 19.00 h no interior do edificio dos antigos xulgados na Praza da Inmaculada
    • Acto conmemorativo 25N
    • Acción escénica de Mónica Sueiro “DesAlento”
    • Lectura de manifesto
    • Actuación musical de Sofía Espiñeira
  • Sábado, 26 de novembro, ás 12.00 h na Praza de Abastos
    • Performance “A última cea” de Uxía Morán
  • Martes, 29 de novembro, ás 19:00 h na Sala de Exposicións Municipal no edificio Francisco Sánchez
    • Conferencia “As violencias sexuais, do #MeToo ao só si é se” con Laura Seara, avogada, deputada e exsecretaria de estado de Igualdade.
  • Mércores, 30 de novembro
    • Proxección da película-documental “Serás hombre”, e posterior coloquio coa autora Isabel de Ocampo, para o alumnado de Bacharelato e Ciclos Medios dos IES San Paio e Indalecio Perez Tizón.
  • Sábado, 3 de decembro
    • II Xornada de Comunicación e Igualdade
  • Durante o mes de decembro
    • Formación para o persoal municipal en materia de igualdade do II Programa Municipal de Formación e Intervención interna en materia de igualdade dentro do programa Maruja Mallo.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí