Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Este próximo miércoles día 9 de marzo, la Banda de Gaitas San Xoán de Paramos (Tui) viajará a Nueva York para participar en el desfile de San Patricio

A Banda de Gaitas San Xoán de Paramos viaxará, dous anos despois de suspenderse a súa primeira participación, á cidade de New York para participar no desfile de San Patricio

A Banda de Gaitas San Xoán de Paramos viaxará, dous anos despois de suspenderse a súa primeira participación, á cidade de New York para participar no desfile de San Patricio

Etiquetas del contenido

Fecha: 05 de Marzo de 2022

Fuente: Banda de Gaitas San Xoán de Paramos

O 17 de marzo, día de San Patricio (Saint Patrick's Day ou Lá Fhéile Pádraig) os
irlandeses conmemoran o seu patrón e a creación da República de Irlanda. Debido a gran
emigración irlandesa celébrase a nivel mundial, sendo New York un dos máis concorridos e
coñecidos.
No ano 2020 a iniciativa do Celtiberian Heritage–New York e do Centro Español da
cidade a Banda de Gaitas San Xoán de Paramos estaba convidada a participar no desfile de
San Patricio da cidade americana en representación do Estado Español. A crise da COVID19 e
a suspensión do desfile fixo que se cancelara esa participación o dia anterior ao inicio da viaxe.
Neste ano, coa recuperación do desfile, a banda volta ser convidada a participar
no Día de San Patricio en New York. Desprazarase aos Estados Unidos dende o 9 ao 19
de marzo. Nesta viaxe, alén da participación no desfile, ten programadas diferentes
actuacións na cidade de New York e no veciño estado de New Jersey.
Para unha banda como a nosa, dun pequeno centro cultural e dunha pequena parroquia
de Tui, supón unha grande satisfacción e responsabilidade esta invitación. Satisfacción polo
recoñecemento que supón a catorce anos de traballo e compromiso coa música tradicional e
responsabilidade por ser escollidos para levar a música galega a un desfile destas
características.
Esta viaxe, na que participan 47 dos integrantes da Banda, culmina tres anos de traballo,
e dous de espera, do Centro Cultural Laxes de Paramos, da Banda de Gaitas San Xoán e dos
propios músicos. Alén dos ensaios e da preparación da viaxe, os integrantes da Banda e do
Centro Cultural tiveron que facer fronte, en solitario, aos elevados gastos que conleva a
preparación e o desprazamento aos Estados Unidos. Tres de traballo, musical e económico,
recadando fondos, e dous de espera pola crise sanitaria, teñen agora o seu premio cunha
experiencia única.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí