Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Este sábado celébrase o 51 Descenso Internacional do Miño

Participarán 450 deportistas de 39 clubs. A saída será ás 17.30 h dende Salvaterra

Participarán 450 deportistas de 39 clubs. A saída será ás 17.30 h dende Salvaterra

Etiquetas del contenido

Fecha: 16 de Septiembre de 2022

Fuente: Concello de Tui

Este sábado, 17 de setembro, celébrase o 51º Descenso Internacional do Miño con 450 participantes pertencentes a 39 clubs galegos, doutros puntos de España, de Portugal, Arxentina  e Uruguai.

A deste ano é unha edición especial xa que pospuxo a súa data de celebración, tradicionalmente en agosto, a este mes de setembro debido ás obras no Centro Municipal de Piragüismo Quique Míguez, que será inaugurado o próximo mércores.

Este mediodía tivo lugar a presentación na rúa Olímpicos tudenses na que participaron o alcalde, Enrique Cabaleiro, o secretario xeral de Deportes da Xunta, José Ramón Lete Lasa, o deputado de Deportes, Gorka Gómez, os concelleiros de Deportes de Tui, Rafael Estévez, e de Salvaterra, Edgar Martínez, o presidente da Real Federación Española de Piragüismo, Javier Hernanz, e o presidente do Club Kaiak Tudense, Diego Piña. Tamén estiveron presentes a concelleira de Igualdade, Ana Núñez, e o comandante naval do Miño, Pablo Redondo.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, destacou na súa intervención o especial desta edición dunha proba emblemática que cumpre a súa 51 edición. Unha edición dicía que ven marcada, “pola culminación dunha demanda histórica do Club Kaiak Tudense”, coma é a reforma do Centro Municipal de Piragüismo.

Sinalaba Enrique Cabaleiro que “falar de piragüismo e falar de Tui é falar de éxito, é un dos deportes que máis nos identifica". Apuntaba neste senso que os deportes de río, piragüismo e remo, “levan o nome desta cidade polo mundo, e máis aló dos éxitos nos enchedes a todos de inmenso orgullo”.

Pola súa parte o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, destacou coma o Club Kaiak Tudense “é un dos primeiros en ser recoñecido coma núcleo de adestramento especializado”. Engadía que “me gustaría que seguirades traballando coma o estades facendo, non só coas licencias de base, senón coas licenzas de alto nivel e alto rendemento para que poidamos disfrutar do que estamos a facer coma é un momento histórico para o deporte de Galicia, e sen ningunha dúbida para o piragüismo”

O deputado provincial de Deportes, Gorka Gómez, indicaba que o Descenso do Miño é unha proba internacional cunha participación altísima que “pon en valor o territorio, a Tui e ao río”. Dicía tamén que  é fundamental vincular “o deporte  á economía e ao turismo. Sempre falamos de potenciar os eventos deportivos coma este que sexan un referente a nivel nacional e internacional para captar a posibles visitantes que disfruten de Tui, da provincia e de Galicia”.

Javier Hernaz, presidente da Real Federación Española de Piragüismo, agradecía ao club Kaiak Tudense “o esforzo que facedes polo piragüismo, polo esforzo que facedes por levar esta actividade a toda España” e por “ser quen de sacar de aquí coa súa metodoloxía e a súa programación a uns dos mellores deportistas do mundo”. Mencionaba así a traxectoria de Roi Rodríguez “que nos últimos anos ten sido un dos mellores deportistas do equipo español”.

A saída do Descenso Internacional do Miño será este sábado ás 17.30 h dende Salvaterra, será dende terra na beira española para as embarcacións K1 masculinas, dende a beira portuguesa para os K1 femininos e canoas, e dende a auga para as embarcacións dobres C2 e K2. Vinte minutos antes tomarán a saída os participantes da modalidade de paleo a pé. A entrega de premios está prevista ás 19.30 h.  Entre os favoritos para subir ao podio están Franco Balboa e Lara Feijoo en K1, Jaime Duro en C1, Carmen Vilar e Tania Fernández en K2, Manuel Busto e Diego Míguez en C2, e Leticia Piña e Rubén Millán no K2 mixto.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí