Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Este venres 15 de xullo comeza o cinema de verán en Tui

O cinema dará comezo có filme -Valentina- ás 22:30 no Paseo Fluvial, que acollerá outras dúas proxeccións

O cinema dará comezo có filme -Valentina- ás 22:30 no Paseo Fluvial, que acollerá outras dúas proxeccións

Etiquetas del contenido

Fecha: 15 de Julio de 2022

Fuente: Concello de Tui

Este venres, 15 de xullo, a carón do río no Paseo Fluvial, terá lugar a primeira das proxeccións de cinema ao aire libre que terá Tui para este verán. ‘Valentina’, da directora galega Chelo Loureiro, será o filme encargado de abrir esta programación a partir das 22.30 horas.

Trátase dunha película de animación con carácter galego que xa colleitou un importante recoñecemento no 2021: o Goya ao mellor filme de animación. Amais disto, a produción conta co traballo de destacadas figuras como Emilio Aragón, que fai as cancións, o cantautor galego Andrés Suárez ou a presentadora de televisión Mercedes Milá, que dan voz a dúas das personaxes animadas do filme.

Valentina é a historia dunha rapaza que soña con ser trapecista. Malia isto, cre que nunca o conseguirá por ter Síndrome de Down. As súa avoa é a súa fiel compañeira e a que a apoia para que persiga este soño con tenacidade.

En agosto, continúa o cinema no Paseo Fluvial

A programación completarase no mesmo escenario o 12 de agosto ás 22 horas con ‘Arriety e o mundo dos diminutos’, outro filme de animación que conta a historia duns pequenos seres que habitan baixo o solo dunha casa. Non poden ser vistos polos humanos pero todo cambia cando Arriety, un audaz adolescente, atópase co cativo que acaba de mudarse alí por uns problemas de saúde. Entre os dous fraguarase unha grande amizade.

O 26 de agosto, tamén ás 22 horas, proxectarase ‘Voando xuntos’, un filme francés de aventuras que conta a historia da relación de Christian, científico especializado en migracións de aves, co seu fillo, que rexeita estas inquedanzas do seu pai e prefire os videoxogos. Xuntos emprenderán unha aventura para salvar a unha especie en perigo de extinción.

 

 

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí