Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESTE VENRES ACENDERASE O ALUMEADO DE NADAL NAS PRINCIPAIS RÚAS DO CENTRO URBANO DE TUI

Ademais, dende este venres volverá a funcionar o tren turístico que conecta a Tui con Valença

Este venres, 4 de decembro, acenderase a iluminación de Nadal en Tui. Máis dun centenar de arcos iluminarán as principais rúas do centro urbano con diferentes motivos alusivos a estas festas.

Fecha: 04 de Diciembre de 2015

Fuente: www.concellotui.org

Este venres, 4 de decembro, acenderase a iluminación de Nadal en Tui. Máis dun centenar de arcos iluminarán as principais rúas do centro urbano con diferentes motivos alusivos a estas festas. O Concello de Tui adxudicou á empresa Iluminaciones Electrosil S.L. de Tui a execución dos traballos cun orzamento total de 17.780,95€.

Nas entradas a Tui, concretamente nas Avenidas de Portugal e da Concordia, na rúa Colón e na rúa Maristas, colocaranse luminosos felicitando as festas. Trineos, renos, árbores de Nadal, ou estrelas serán algúns dos motivos que luzan nos arcos que se instalarán no Paseo da Corredoira, e nas rúas Augusto González Besada, Compostela, Casal Aboy, Lugo, Betanzos, Rosa Bahamonde, Travesía Rosa Bahamonde, Foxo, Travesía Foxo, Ordóñez, Camilo José Cela, Colón e Coruña. Amais nas rúas Ourense, Mondoñedo e Betanzos serán instalados motivos laterais. Destaca asemade a árbore nevada de 12 metros de altura que lucirá na Praza da Inmaculada. Todos os adornos son realizados en luces led e fío led, o que supón un aforro importante no consumo con respecto ás lámpadas tradicionais.

Con respecto a anos anteriores, o Concello de Tui aposta, por una banda, por anticipar o acendido do alumeado de Nadal que se facía ata o de agora o día 6 de decembro. Por outra parte redúcese en máis dun 40% o orzamento destinado a esta actividade que nos últimos anos estaba entorno ós 30 mil euros.

Tamén dende este venres, 4 de decembro, un tren turístico volverá unir os centros urbanos de Tui e de Valença do mesmo xeito que se fixo nos meses de verán.
 
 Con estas iniciativas o Concello de Tui aposta por promocionar a cidade nestas datas festivas, incentivando así tamén o comercio local. A estas actividades sumaranse outras a realizar durante as festas que serán dadas a coñecer proximamente.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones