Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Este venres comeza o IV Torneo de Tenis da Eurocidade con 200 inscritos

Terá lugar nas pistas de tenis de Areas, en Tui, e das piscinas de Valença ata 1 de outubro

Terá lugar nas pistas de tenis de Areas, en Tui, e das piscinas de Valença ata 1 de outubro

Fecha: 15 de Septiembre de 2017

Fuente: Concello de Tui

O venres día 15 de setembro, ás 17h comeza o IV Torneo de Tenis da Eurocidade que se vai disputar ata o domingo, 1 de outubro, nas pistas de tenis de Areas e nas da piscina municipal de Valença. Está organizado polo Club Tenis Tui coa colaboración da Eurocidade Tui-Valença.

A presentación deste evento deportivo tivo lugar este xoves na casa do concello a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, o concelleiro da Eurocidade, Miguel Capón, e o representante do Club Tenis Tui, Luís Saracho.

Este IV Torneo logrou unha participación similar ao do ano pasado con preto de 200 inscritos nas distintas categorías procedentes de todo o Baixo Miño, Ponteareas, Mondariz, Vigo, Redondela ou Ourense, así coma tamén de Portugal. Os partidos terán lugar de luns a venres de 17 a 22h e os sábados e domingos de 9.30h a 22h.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, destacou que o "plus" que ten este torneo debido ao seu carácter transfronteirizo, ao que felicitou ao club Tenis Tui polo traballo que realizan ao longo do ano e na organización desta relevante proba. Tamén recoñeceu que é preciso mellorar as infraestruturas deportivas de tenis e afrontar novos retos brindando tamén o espazo para a práctica doutras modalidades coma o padel.

Mentres o concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, destacou que este torneo forma para das actividades deportivas da Eurocidade Tui-Valença, que ten amais a connotación de que os partidos se disputan tanto en Tui coma en Valença. Ao tempo que felicitou ao club Tenis Tui pola traxectoria deste evento que reúne a máis participantes en cada edición.

Por último Luís Saracho, do Tenis Tui, amosou a vontade que ten o club de que este torneo siga sendo popular, non descartando no futuro poder organizar tamén un dirixido a xogadores federados. Destacou amais o gran éxito de participación que rexistran situando este evento entre os que máis xogadores reúne na provincia.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones