Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESTE VENRES NOVA SESIÓN DE -CONVERSAS COA XUVENTUDE- NA CASA DOS ALONSOS DA GUARDA

Asistirán Sergio Rodríguez e Estela Doiro e o tema protagonista será o deporte

Asistirán Sergio Rodríguez e Estela Doiro e o tema protagonista será o deporte

Fecha: 11 de Noviembre de 2015

Fuente: Concello de A Guarda

Este venres, día 13 de novembro, a Concellería de Xuventude do Concello da Guarda, organiza unha nova sesión de "Conversas coa Xuventude". Esta actividade nace co obxectivo de crear un espazo de encontro entra a administración local e a mocidade do municipio.

Nesta ocasión, a cita será as 20,30 horas na Casa dos Alonsos, e o tema protagonista da xuntanza será o deporte. Para falar desta disciplina están convidados o atleta guardés, Sergio Rodríguez e a xogadora de balonmán, Estela Doiro. Ambos deportistas falarán aos presentes da súa experiencia profesional para, despois, dar paso a unha conversa e reflexión sobre o deporte, as necesidades, as expectativas ou as dificultades que existen no mundo deportivo e na práctica dos diferentes deportes.

O Concello convida a participar en "Conversas coa Xuventude" a todos os membros dos diferentes clubes deportivos guardeses pero tamén a todos os mozos e mozas que practican ou lles gusta o deporte.

Esta é a segunda xornada desta iniciativa que, comezou, coa presenza do actual alcalde Antonio Lomba, e o anterior rexedor da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas. O obxectivo final destas sesións é tecer redes de colaboración para conseguir melloras para toda a poboación da vila, especialmente para a máis nova.

Nestes encontros se facilitarán ferramentas de participación directa á mocidade para que teñan a oportunidade de expor e facer chegar as súas propostas, necesidades e demandas ó Concello.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones